Fórmula 1: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m pano de fondo
Fendetestas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Formula one.jpg|miniatura|Carreira de Fórmula 1.]]
A '''Fórmula 1''' ou '''Fórmula Un''', referida ás veces na [[escrita]] como '''F1''', é un [[Automobilismo|deporte automobilístico]] en que compiten pilotos profesionais en [[monopraza]]s [[open-wheel]], pertencentes a diferentes [[Lista de escuderías de Fórmula 1| escudería]]s, en [[circuíto automobilístico|circuítos]] situados por todo o mundo. Desde [[Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1950|1950]] e cunha periodicidade anual dispútase o '''Campionato Mundial de Fórmula 1''', composto por un número variable de eventos por tempada, chamados '''Grand Prix''' ou '''Grandes Premios''' (abreviados '''GP'''). Ao remate dun Campionato Mundial outórganse dous títulos, o '''Campionato Mundial de Pilotos''', e o '''Campionato Mundial de Construtores''', estando as súas clasificacións determinadas pola suma dos puntos conseguidos segundo a posición acadada ó rematar cada Grand Prix.
 
A categoría está organizada, supervisada e rexida pola [[Federación Internacional do Automóbil]] (FIA), que está presidida polo ex-director executivo da [[Scuderia Ferrari]] [[Jean Todt]], estando os dereitos comerciais da competición en mans de [[Bernie Ecclestone]] a través dunha rede de [[holding]]s e empresas varias. Ecclestone é considerado como o principal promotor e director do deporte.