Diferenzas entre revisións de «Zafiro»

m (→‎Minería: arranxiños)
| densidade =
}}
O '''zafiro'''<ref>{{DRAG|zafiro}}</ref> é unha [[pedra preciosa]], que é unha variedade do mineral [[corindón]], un [[óxido de aluminio]] (α-[[aluminio|Al]]<sub>2</sub>[[Oxíxeno|O]]<sub>3</sub>). É tipicamente de cor azul, pero hai zafiros naturais amarelos, púrpuras, laranxas e verdes e de dúas ou máis cores. A única cor que os zafiros nunca teñen é a vermella, xa que o corindón vermello seé denominadenominado [[rubí]].<ref name=RefA>{{Cita web|url=http://www.gia.edu/sapphire|title=Sapphire|last=|first=|date=|website=gia.edu|access-date=27 October 2016}}</ref> O corindón rosa pode ser clasificado como zafiro ou rubí dependendo da localidade. Esta variedade de cores que pode mostrar débese á presenza de cantidades traza de elementos como o [[ferro]], [[titanio]], [[cromo]], [[cobre]] ou [[magnesio]].
 
Normalmente, os zafiros naturais tállanse e púlense para formar xemas para [[xoiaría]]. Tamén se poden crear sinteticamente en laboratorios para usos industriais ou decorativos en grandes ''bolas'' cristalinas (''boules'', lingotes monocristalinos). Debido á súa gran [[dureza]], que chega a 9 na [[escala de Mohs]] (é o terceiro mineral máis duro despois do [[diamante]], que ten dureza 10, e a [[moissanita]] con 9,5), os zafiros tamén se utilizan en aplicacións non ornamentais, como compoñentes na [[óptica]] [[infravermello|infravermella]]; en [[fiestra]]s de alta duración; cristais de reloxos de pulso e outros aparellos; e en ''obleas'' semicondutoras para electrónica moi finas, que se usan como substratos illantes para propósitos especiais na [[estado sólido (electrónica)|electrónica do estado sólido]] (especialmente en circuítos integrados e [[LED]]s baseados no uso de nitruro de galio, GaN).
Usuario anónimo