Moisés (Michelangelo): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 24:
A estatua foi finalizada durante unha das reanudacións do traballo en 1513. Deseñado para ser visto dende abaixo, e equilibrado por outras sete enormes figuras de temática similar, o ''Moisés'' actual, no seu contexto final comparado co proxecto orixinal, dificilmente pode ter o impacto desexado polo artista.
 
O líder de [[Israel]] preséntase sentado, coas [[Dez mandamentos|Táboas da Lei]] debaixo do brazo, mentres que coa outra man acaricia os rizos da súa barba. Neste caso concreto, o artista quixo a escultura de Moisés amose a súa reacción furiosa cando, despois de recibir os mandamentos de Deus e baixar do Monte Sinaí, descobre que o seu pobo tivera abandoadoabandonado a adoración [[Xehová]] e voltara á idolatría, adorando agora ao becerro de ouro. De novo, Michelangelo emprega unha cabeza virada, concentrando unha expresión de tremenda ira que se reflicte tamén na poderosa constitución da estatua e nos seus ollos: é o que se denomina co concepto italiano de "''[[terribilitá]]''",<ref>Gallego (2011), p. 276</ref> que se explicaría como unha furia ou unha tensión interna contida. Vemos esta técnica na cara furiosa, o ollar fulminante, o corpo titánica e robusto, a forza muscular de toda a escultura, o dinamismo das dúas pernas en posición de erguerse, mesmo o xesto do brazo esquerdo, cos dedos tensos apertando o moi longa barba. En definitiva, o patriarca mostrase cheo de forza e rabia que xurdexorde da visión impía.
 
O material empregado é o mármore, o que dá un naturalismo realmente impresionante á obra. O mármore branco, xunto coa luz e os pregos da roupa, fai que a figura teña un certo volume e un gran realismo. Salientan a perfección da anatomía, a expresión do rostro e os músculos en tensión, estes últimos que fan parecer que Moisés se erguerá cheo de furia e rabia. Podemos ver na escultura as características do estilo renacentista, como o naturalismo, a procura da beleza e interese en anatomía humana. Usa o terribilitá, que é a grandeza formal e gran forza expresiva, tensión e expresión dramática Michelangelo sabía pór nos seus traballos.
 
=== Cornos ===