Tricópteros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 90:
Como os efemerópteros, plecópteros e [[odonatos]], aínda que en menor medida, os tricópteros son un [[bioindicador|indicador]] da boa calidade da auga, pero non desaparecen completamente das correntes con augas contaminadas.<ref name="Spellman2001">{{Cita libro|author1=Spellman, Frank R.|author2=Drinan, Joanne|title=Stream Ecology and Self Purification: An Introduction |url=https://books.google.com/books?id=AxzNBQAAQBAJ&pg=PA153 |year=2001 |publisher=CRC Press |isbn=978-1-4200-3167-6 |page=153}}</ref> Son unha parte importante da [[cadea trófica]], e tanto as larvas coma os adultos son presas de moitos peixes. Os adultos que acaban de emerxer da pupa son particularmente vulnerables, xa que se teñen que debater con esforzo para chegar á superficie despois de emerxer da pupa mergullada facendo notar a súa presenza e teñen despois que secar as súas ás. Os peixes consideran estes adultos novos como un petisco fácil, e as moscas artificiais para pescar con cana que lembran estes insectos son moi efectivas para os pescadores no momento correcto do ano.<ref>{{Cita web |url=http://www.envsci-ed.brockport.edu/Documents/SS93/SS93_Crafts_F.html |title=Caddisfly (Order: Trichoptera) |author=Crafts, Carol B.|work=Stressed stream analysis |publisher=Providence College |accessdate=14 May 2017}}</ref>
 
O estadio adulto dos tricópteros pode sobrevivir só unhas poucas semanas; moitas especies non se alimentan na etapa adulta e morren pouco despois de reproducirse. Os insectos alados son nocturnos e serven de alimento para as aves nocturnas, morcegos, pequenos mamíferos, anfibios e artrópodos. Os estadios larvarios duran moito máis, normalmente un ano ou máis, e teñen un maior impacto no medio ambiente.<ref>{{Cita libro|author1=Spellman, Frank R.|author2=Drinan, Joanne|title=Stream Ecology and Self Purification: An Introduction |url=https://books.google.com/books?id=AxzNBQAAQBAJ&pg=PA115 |year=2001 |publisher=CRC Press |isbn=978-1-4200-3167-6 |pages=115–117}}</ref> Constitúen unha parte importante da dieta de peixes como a [[troita]]. O peixe captúraos de dúas maneiras, cólleos entre a vexetación ou no leito do río a medida que a larva se despraza ou durante o comportmentocomportamento diario de deriva; esta deriva ocorre durante a noite en moitas especies de larvas acuáticas, ou arredor do mediodía nalgunhas especies de tricópteros con estoxo, e pode ser o resultado de presións poboacionais ou ser unha forma de dispersión. As larvas poden ir á deriva en grandes cantidades preto do fondo, a media auga ou xusto baixo a superficie da auga. Os peixes tráganos enteiros, estoxo incluído.<ref name=Lawson-100-101>{{Cita libro|author=Lawson, Mike|title=Spring Creeks|url=https://books.google.com/books?id=olNrQEpheMAC&pg=PA100 |year=2003 |publisher=Stackpole Books |isbn=978-0-8117-0068-9 |pages=100–101}}</ref>
 
== Arquitectos subacuáticos ==