Contido eliminado Contido engadido
Creación da páxina
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 13 de marzo de 2019 ás 20:13

Contribucións do usuario

Saúdo do usuario

 
Hola!

Quen son eu?

Saúdos, eu son caravincho (non me chamo realmente así) o meu verdadeiro nome é Xabier. son da localidade da Rúa de Valdeorras (Provincia de Ourense, Galicia) e aquí vivín toda a miña vida.

Aínda que non sei moito sobre fonte (máis ben nada) podo manexarme (máis ou menos) pola Galipedia, polo que se ves que algo está mal sobre ficheiros multimedia, táboas, modelos, etc., por favor, corríxemo, porque eu non sei facelo.

Como son eu?

Gústame moito falar (evindentemente, na lingua galega) e ás veces cando comezo a falar non paro. Gústame ver a natureza, os animais, viaxar (encántame ver Galicia), o deporte (especialmente o atletismo, gústame facer medio-fondo e salto de lonxitude), a música sinfónica e tamén me gustan os ámbitos de economía e política, gústame enterarme das cousas que pasan e ver documentais interesantes. Non me gustan os videoxogos (excepto un do que me namorei na infancia, Club Peguin, do cal teño unha canle en YouTube), os estilos de música rap, trap, reggaeton e derivados destes, as películas de medo (son bastante medroso) nin o fútbol.

Son unha persoa cunha gran personalidade, divertida, optimista, un pouco inhábil anque traballadora, honesta, culta, afortunada, intelixente, creativa, tenaz, perseverante, responsable, tolerante, constante, perspicaz, trabajador, ordenado e amable.

Como traballo na Galipedia?

O que eu fago son traducións do español ao galego de artigos que non estean dispoñibles en galego ou lle falten datos importantes. Facer traducións é sinxelo, unha vez que accedas ao sistema, na esquina arriba á dereita dáslle a unha opción chamada contribucións. Unha vez alí, dáslle a nova tradución, e na barra de búsqueda que se abrirá escribe o que queiras traducir.

Por que fago isto?

Paréceme importante conservar a lingua galega e adaptalas ás novas tecnoloxías, iso é un símbolo de que é unha lingua úsase e non se perde, porque o último que querrería no mundo é que esta bela lingua desaparecese.