Piñeiro, Mugardos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
ine
Elisardojm (conversa | contribucións)
o maratón segundo DRAG
Liña 20:
O patrón da vila é [[San Xoán Bautista]], e celébrase o día 24 de xuño, con verbena, sardiñada e lumeirada.
 
A Sociedade Cultural Recreativa e Deportiva de San Xoán de Piñeiro organiza varias competicións deportivas, entre elas ao [[Maratón de San Xoán de Piñeiro]], unha carreira popular de 10.600 metros polos concellos de [[Mugardos]], [[Ares]] e [[Fene]], que leva máis de 30 edicións. Esta carreira conta con versións para os máis xoves, dende os 2 anos. Tamén se organizan ao longo do ano concursos de larpeiradas, a festa do [[entroido]], unha feira de artesanía, a festa dos callos e actividades como o [[encaixe de bolillos]], o ioga e as manualidades. A pequena vila conta ademais cun modesto equipo de fútbol.
 
Preto da SCRD atópase a antiga escola de San Xoán de Piñeiro, que contaba cuns poucos alumnos ata hai uns anos atrás;{{cando}} agora{{cando}} serve de colexio electoral.