Escola de Socioloxía de Chicago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engadidas ligazóns internas
Retiro o aviso de formato de referencias incorrecto
Liña 1:
{{Sen referencias|data=setembro de 2015}}{{ligazóns internas}}
En [[socioloxía]] e, posteriormente, [[criminoloxía]], a '''Escola de Chicago''' é un conxunto de intelectuais da Universidade de [[Chicago]] fundado ante a necesidade dun estudo da poboación obxectivo. A maioría de participantes activos cos que contou foron sociólogos europeos que fuxían da [[Primeira guerra mundial|Primeira Guerra Mundial]]. Este movemento tivo o máximo auxe nos anos 20 e chegou á decadencia co falecemento de [[George Herbert Mead]] en [[1931]] e a marcha de [[Robert Ezra Park]] en [[1933]]. Entre as súas numerosas novidades destaca o interaccionismo simbólico. Outras teorías non menos importantes extraídas da análise realizada en torno ó ano 1916 foron: a afirmación de que nunha [[sociedade]] avanzada (como era a industrial do momento) non se podía ir contra os intereses das masas por [[medo]] a que estas se rebelasen; por conseguinte, se se quere actuar en contra das mesmas, hai que convencelas e para iso xéranse novos modelos de [[Comunicación (linguaxe)|comunicación]] (procesos para que os cidadáns se adhiran á opinión do poder); e finalmente, a necesidade de estudar as masas populares por medio de [[Enquisa|enquisas]], consultas populares etc da maneira máis científica posible.