Enfermidade celíaca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
consume > consome
engadidas ligazóns internas
Liña 17:
sinónimos = Doenza celíaca, enfermidade celíaca
}}
A '''enfermidade celíaca''' ou '''doenza celíaca''' ('''''celiaquía''''') é unha [[doenza autoinmune]] que comeza na [[infancia]] e está provocada por unha [[intolerancia]] intestinal permanente ao [[glute]]. Caracterízase por unha [[inflamación]] crónica do [[intestino delgado]] na zona do [[xexuno]], causada pola exposición á [[gliadina]], unha [[proteína]] vexetal dalgúns [[Cereal|cereais]] na [[dieta]].
 
A gliadina é un dos compoñentes do [[glute]] (proteína presente no [[trigo]] (''Triticum spp.''), o [[orxo]] (''Hordeum vulgare''), o [[centeo]] (''Secale cereale''), o [[triticale]] (''× Triticosecale''), o ''kamut'' (''[[Triticum turgidum]]''), o trigo vermello ou espelta (''[[Triticum spelta]]'') e posibelmente a [[avea]] (''Avena sativa'') —por cuestións de contaminación cruzada—). Ao ser exposta á gliadina, a [[encima]] [[transglutaminasa tisular]] modifica a proteína e o [[sistema inmune]] do individuo fai unha reacción cruzada en contra do [[intestino delgado]], causando unha reacción inflamatoria que causa atrofia das vilosidades que recobren o intestino e interferencias na absorción de nutrientes.
 
En condicións normais todo alimento inxerido debe pasar por un proceso de [[dixestión]] que o degrade en partículas máis pequenas para que estas poidan ser despois absorbidas. Esta absorción de alimentos ten lugar no intestino delgado e para que isto sexa posíbel cómpre a existencia de [[vilosidades]] que, á súa vez, poderíamos comparar con raíces microscópicas que penduran no interior do intestino. O seu papel na absorción é semellante á que realizan as raíces das árbores sendo a lonxitude destas esencial para que dita absorción se produza en maior ou menor grao. Cando a lonxitude da vilosidade é acurtada, a absorción vese reducida e a [[nutrición]] da persoa queda comprometida. E é isto precisamente o que sucede cos celíacos, que sofren dun encurtamento destas raíces, o que provoca unha intolerancia ao glute.
 
É un trastorno que aparece en persoas [[Xenética|xeneticamente]] predispostas, de todas as idades a partir da [[infancia|nenez]]. Os [[síntoma]]s inclúen [[diarrea]] crónica, atraso do crecemento e/ou do desenvolvemento infantil, [[dispnea]], erupcións na pel, perda de peso, cambios no carácter, [[Vómito|vómitos]] e [[ventre]] inchado, malia que estes síntomas poden estar ausentes e aparecen de cando en vez, estes síntomas poden aparecer en calquera de case todos os órganos e sistemas do corpo. Estímase que a doenza afecta ao 1% da poboación de [[Linguas indoeuropeas|linguas indoeuropeas]], aínda que se pensa que é unha enfermidade considerabelmente subdiagnosticada. Coma resultado de exames precoces, estase ollando un número crecente de diagnosticados asintomáticos.<ref name=VanHeelWest>{{Cita publicación periódica|autor= van Heel D, West J|título= Recent advances in coeliac disease|url = http://gut.bmjjournals.com/cgi/content/full/55/7/1037|revista= Gut|volume= 55|número= 7|páxinas= 1037–46|ano= 2006|id = PMID 16766754}}</ref> O único tratamento eficaz é o cambio a unha dieta libre de glute e permitir a rexeneración das vilosidades intestinais.
 
Malia ser un trastorno causado por unha reacción ás proteínas do trigo, non é o mesmo que unha [[alerxia]] ao trigo. O termo axeitado é '''intolerancia ao glute''', '''enteropatía sensitiva o glute''', '''esprú endémico non-tropical''' e '''esprú celíaco'''.<ref name=medlineplus>{{cita web
Liña 37:
Coñecida nos últimos tempos coma a «enfermidade irlandesa», a celiaquía pasou por distintas fases ao longo da historia, até hoxe.
 
As primeiras descricións sobre celíacos foron realizadas na segunda metade do [[Século I|século I d. C]]. por Areteo de Capadocia, [[médico]] helenístico - romano, coetáneo de [[Galeno]]. Nela Areteo facía referencia a suxeitos desnutridos, con deposicións abundantes e fedentas, que empeoraban cando inxerían trigo, un cereal cultivado pola [[humanidade]] dende hai uns 15. 000 anos; isto é pouco con relación, por exemplo, ás [[Froita|froitas]] ou aos [[peixes]], que consumimos dende sempre. A verba grega que empregou Areteo para identificar aos pacientes foi ''koiliakós'' (da que deriva ‘celíaco’), que orixinariamente significa ‘os que sofren do intestino’.
 
En 1884, Louis Dühring describe por vez primeira a Dermatitedermatite Herpetiformeherpetiforme (ou enfermidade de During Brocq ); e en 1888 Samuel Gee na [[Gran Bretaña]], afirmou que «a regulación da alimentación é a parte máis importante do tratamento».
 
Entre 1921 e 1938 as investigacións da intolerancia celíaca encamíñanse cara unha intolerancia aos [[Hidratos de carbono|hidratos de carbono]].
 
En 1950, o [[Pediatría|pediatra]] holandés Willem-Karel Dicke, na súa [[Tese de doutoramento|tese de doutoramento]], foi quen demostrou que se se excluía o trigo, a [[avea]] e mailo [[centeo]], a doenza celíaca melloraba drasticamente. Se se substituían por [[arroz]] e [[millo]], o apetito tornaba, a absorción de [[Graxa|graxas]] melloraba e a diarrea graxa desaparecía; decatouse deste feito durante a [[Segunda guerra mundial|II Guerra Mundial,]] ante a falla de aprovisionamento de produtos derivados do trigo. Trala guerra, cando dispoñían doutra volta destes produtos, o índice de afectados pola enfermidade, retornou ao mesmo nivel que había previamente á guerra.
 
En 1954, Paully describiu por vez primeira a lesión intestinal: atrofia vilositaria.
 
En 1958, Cyrus L. Rubin e os seus colaboradores, demostraron que a [[patoloxía]] no neno e no adulto era a mesma doenza.
 
En 1960, os médicos especialistas en Dermatoloxíadermatoloxía comezan a relacionar a Dermatitedermatite Herpetiformeherpetiforme, coa Atrofiaatrofia Vilositariavilositaria, xa que coa ausencia de glute se notaba melloría nos pacientes.
 
En 1980, Michael Marsh, e colaboradores, subliñan o rol do [[Sistema inmune|sistema inmune]] e a presenza do dano intestinal da enfermidade.
 
== Etioloxía ==
A causa da intolerancia celíaca é descoñecida, mais probabelmente sexa por mor ade:
* Susceptibilidade xenética á intolerancia, porén non existe unha concordancia no 100% dos [[xemelgo]]s.
* Axentes ambientais, probabelmente infeccións [[virus|virais]] ou outra [[infección]].
* Asociación con outras [[Doenza autoinmune|doenzas autoinmunes]] que tamén son producidas pola combinación de susceptibilidade xenética e infeccións.
 
== Patoxénese ==
Pódese presentar en calquera etapa da vida, e aínda que acostuma diagnosticarse na nenez, en países desenvolvidos diagnostícase de cada vez máis en adultos. É máis frecuente en persoas de pel branca e nos [[Clima tropical|climas tropicais]].
 
Para que se desenvolva a doenza cómpre existirque exista unha predisposición xenética e mais un disparador. No caso das [[Muller|mulleres]] o disparador pode ser o primeiro [[Parto|paristallo]] e nos homes calquera intervención [[Cirurxía|cirúrxica]] abdominal.
 
É unha enfermidade de orixe xenética mais non hereditaria. Porén, o feito de que unha persoa padeza a doenza fai que aumenten as probabilidades de que os seus familiares a padezan, en comparación á poboación en xeral.
Liña 68:
Trátase dunha doenza crónica.
 
Debido aos cambios na estrutura e función da [[mucosa]] do intestino delgado, o organismo perde a capacidade de dixerir e absorber os [[nutriente]]s da comida.
 
A principal causa deste trastorno é unha reacción [[sistema inmunitario|inmunitaria]] mediada polas células ([[linfocito T|linfocitos T]] principalmente) , cara os compoñentes do [[glute]] ([[prolamina]]s) por ser unha alerxia típica mediada por inmunoglobulinas [[IgE]]. As dianas da [[resposta inmunitaria]] son as gliadinas, proteínas que compoñen o glute, presentes en catro principais cereais: [[trigo]], [[orxo]], [[avea]] e [[centeo]].
Liña 76:
== Clasificación ==
* '''Celiaquía clásica''': Onde predominan os trastornos intestinais, é a máis doada de detectar e constitúe a punta do iceberg celíaco.
* '''Celiaquía potencial''': Comprende as persoas que teñen predisposición xenética (familiares en 1º grao celíacos), presentan alteracións inmunitarias mais as vilosidades do seu intestino están intactas.
* '''Celiaquía silente''': A sintomatoloxía é practicamente nula mais os doentes teñen alterada a mucosa [[Xexuno|xexunal]] (atrofia nas vilosidades). Presentan [[marcador serolóxico|marcadores serolóxicos]] positivos e HLA- DQ2/DQ8.
* '''Celiaquía latente''': Os doentes non teñen síntomas, en xeral trátase de persoas con predisposición xenética . Poden desenvolver a doenza de xeito súbito. Esta tipoloxía é a máis difícil de diagnosticar.
* '''Celiaquía refractaria''': A dieta libre de glute non elimina os trastornos intestinais, estes doentes teñen só 50% de supervivencia xa que a predisposición a desenvolver procesos neoformativos, como o [[linfoma]] intestinal e infeccións concomitantes é moi alta.
 
== Cadro clínico ==
Liña 85:
* Importante melloría cando o glute é retirado da dieta.
* [[Síndrome de malabsorción]] intestinal por mor á diarrea no 50% dos pacientes.
* Carencias nutritivas de [[ferro]], [[Vitamina B12|vitamina B12]], [[Vitamina D|vitamina D]].
* Aumento do risco en desenvolver un [[linfoma]] de células T, nos casos non tratados.
* Predominio da enfermidade na poboación do norte de Europa.
* [[Dermatite herpetiforme]].
* Distensión abdominal, esteatorrea e [[desnutrición]].
* Talle baixo (afecta o crecemento nos nenos non tratados).
* Dor abdominal recorrente.
Liña 95:
* Ventre inchado.
* Erupcións na pel.
* [[Fatiga]] habitual.
*[[Depresión (psicoloxía)|Depresión]].
* Irritabilidade.
* Trastornos psiquiátricos.
* Retardo de [[menarquia]] (mulleres).
* [[Infertilidade]].
* [[Aborto]] repetido.
* [[Osteopenia]] do adulto (5% delas corresponden a enfermidade celíaca).
 
Ademais, a má absorción de alimentos pode orixinar:
 
* [[Anemia]]: [[Glóbulos vermellos|glóbulos vermellos]] escasos ou de má calidade no sangue. Predomina a [[anemia]] de tipo escaseza ou ferropénica e maila megaloblastica[[Megaloblasto|megaloblástica]] por deficiencia de vitamina B12.
* [[Raquitismo]]: [[Óso|ósos]] mal calcificados e que medran mal por falla de vitamina D. Nos adultos tense máis frecuencia de [[osteoporose]].
* [[Cambra]]s ou brecas musculares por falla de calcio.
* [[Perna|Pernas]] e [[faciana]] inchadas. Isto chámase [[edema]] e débese á falla de proteínas no sangue.
* Outros órganos que poden danarse son os seguintes: [[dente]]s, [[páncreas]], [[fígado]] e [[tiroide]].
 
== O glute ==
{{Artigo principal|Glute}}
O [[glute]] é unha proteína amorfa que se atopa nas [[Semente|sementes]] de moitos [[Cereal|cereais]] (trigo, [[orxo]], centeo, millo vermello, kamut, [[triticale]] e posibelmente avea) combinada co [[amidón]]. Representa un 80% das proteínas do trigo e está composta de [[gliadina]] e [[glutenina]].
 
== A importancia da etiquetaxe ==
Polo sinalado anteriormente, cómpre que as [[Lexislación|lexislacións]] dos diferentes estadosEstados obriguen aos industriais a certificar con claridade a ausencia de glute nos seus produtos, xa que moitos deles non informan aos consumidores.
 
Nalgúns [[País desenvolvido|países desenvolvidos]] e noutros [[Países en vías de desenvolvemento|en vías de desenvolvemento]], elaborouse un símbolo universal de «produto sen glute», representado por unha espiga de trigo arrodeada dun círculo cunha barra por diante.
 
Porén, aínda falta moito para que a totalidade dos produtos poidan ser certificados e cualificados axeitadamente, dado que por un fenómeno coñecido como a contaminación cruzada, os alimentos poden conter glute incluso cando este non estea na receita, por mor a que moitos industriais elaboran diversos produtos nunha mesma máquina. Por exemplo, se nunha máquina para facer [[pan]] sen glute faisese fai primeiro un pan con glute, o máis probábel é que o segundo non resulte libre de glute, xa que ficarán sempre vestixios (polo seu carácter pegañento) na máquina. O mesmo ocorre se nun restaurante friten na mesma [[tixola]] un alimento para celíacos onde previamente fritiran algún con glute.
 
A lexislación sobre [[Etiquetaxe dos alimentos|etiquetaxe de alimentos]] en [[Galicia]] corresponde coa española (Real Decreto 1334/1999, do 31 de xullo, polo que se aproba a Norma xeral de etiquetaxe, presentación e publicidade dos produtos alimentarios). Ademais a [[Unión Europea]] obriga ao fabricante a indicar na etiqueta dos alimentos envasados se estes conteñen coma ingredientes cereais con glute (trigo, centeo, orxo, avea, [[espelta]], kamut ou as súas variedades híbridas).
 
Ademais, o Regulamento (UE) nº 41/2009 da Comisión do 20 de xaneiro de 2009 sobre a composición e etiquetaxe de produtos alimentarios axeitados para persoas con intolerancia ao glute, aplicábel a partir do 1º de xaneiro de 2012, regula o emprego das indicacións “sen glute” cando o alimento ou produto dietético conteña menos de 20[[Mg|&nbsp;mg]] de glute por Kg de produto ou o que é o mesmo 20 partes por millón (ppm). No caso de certos alimentos dietéticos, nos que se ten usado amidón de trigo especialmente procesado para reducir o contido de glute, o fabricante poderá utilizar o termo ”moi baixo en glute” se o produto contén menos de 100 ppm de glute. Estes produtos con “moi baixo contido en glute” só deben tomarse se o doutor o aconsella, por mor a que existen distintos graos de sensibilidade ao glute.
 
Existen diferentes empresas que se acreditaron pola ''Federación de Asociaciones de Celiacos de España'' (FACE). A Marca de Garantía "Controlado por FACE" ten como obxecto garantir ao consumidor celíaco que os produtos que a portan cumpriron cos requisitos que FACE establece respecto a niveis máximos de glute, garantindo que os produtos verificados son aptos para o consumo por persoas celíacas. A novidade que aporta esta marca é a inclusión, no [[APPCC]] da industria, dun novo perigo, o glute, e a súa prevención a través do control exhaustivo das materias primas e do proceso de produción baseado na [[rastrexabilidade]] do produto. Estas empresas están autorizadas a utilizar un logo na etiquetaxe, que indica que o alimento está certificado e non contén máis de 10 ppm de glute.