Volgogrado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: [[File: → [[Ficheiro:
m →‎Historia: Iosif Stalin
Liña 37:
Fundada en [[1589]] co nome de Tsaritsyn que foi tomado do [[río Tsaritsa]] (do [[lingua tártara|tártaro]] ''Sary Su'', ''Auga Amarela''). A fortaleza foi establecida coa fin de defender a inestable fronte sur do Imperio Tsarista, converténdose co tempo nun importante centro de tránsito e de comercio. Foi capturada polos [[cosacos]] en dúas oportunidades, a primeira en 1670 baixo a sublevación encabezada por Stenka Razin, e posteriormente en 1774 por Yemelián Ivánovich Pugachev. A finais do século XIX era un dos máis importantes portos fluviais do [[río Volga|Volga]].
 
Durante a [[guerra civil rusa]] a cidade e os seus arredores foron centro de grandes combates entre os bolxeviques e os menxeviques, que a tomaron en 1918 baixo o mando de Anton Ivanovich Denikin. Foi recuperada polos revolucionarios ao ano seguinte, para tomar o nome de Stalingrado, por ser [[Iosif Stalin|Stalin]] quen a conquistou para o [[Exército Vermello]] nunha decisiva vitoria durante a guerra civil. Durante o réxime soviético converteuse nun importante centro industrial altamente perfeccionado, ademais de ser un centro neurálxico para o transporte fluvial e o transporte de bens por ferrocarril.
 
Durante a [[Segunda Guerra Mundial]] (coñecida en Rusia como a Gran Guerra Patriótica) converteuse no centro da máis sanguenta batalla da Historia{{cómpre referencia}}, a [[batalla de Stalingrado]]. Esta foi un episodio decisivo na Segunda Guerra Mundial tanto para o sostemento da resistencia da [[Unión Soviética]] contra o Exército de [[Adolf Hitler]], como tamén como punto de crebe do avance nazi durante a guerra. Os exércitos de Alemaña, Italia e Romanía, trataron de tomala como un sitio estratéxico para conquistar a Unión Soviética pero un rápido xiro do millón de homes de Stalin rodearon a cidade e iniciaron unha desesperada resistencia. A batalla iniciouse o 21 de agosto de 1942 e durou ata o 2 de febreiro de 1943, coa rendición do mariscal de campo Friedrich Paulus e todo o VI Exército Alemán.