O vixía no centeo: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
|||
Liña 60:
O protagonista é '''Holden Caulfield''', un mozo de 16 anos, moi delgado e co lado dereito da cabeza cheo de canas. Vive en Nova York, é moi mal estudante, e xa o botaron de 4 colexios. Adoita mentir sen razón algunha, só por diversión ou para evitar dar explicacións. Odia a hipocrisía (se ben en moitas ocasións recoñece que el actúa dese xeito), a falsidade, a xente creída e as palabras cursis e cultas, pero sobre todo que a xente lle minta. É moi amable e carismático, aínda que en ocasións é moi sarcástico e mesmo desagradable. Malgasta os cartos con moita facilidade. Recoñécese como covarde, e ten a manía de acender mistos cando está de mal humor. Fuma moito, e xoga ben ao golf. É virxe e non entende o sexo. Quería moito o seu irmán Allie, xa falecido.
Con respecto aos seus compañeiros, fala sobre o seu compañeiro de habitación, Ward Stradlater, do que di que é un “porco en segredo” e que “está namorado de si mesmo”. Tamén fala sobre Robert Ackey, este é un rapaz que vive na habitación do lado e que frecuentemente quéntalle o sague a Holden, aínda que no fondo dálle pena. Carl Luce é un rapaz que coñeceu en Whooton e que
=== Familiares ===
|