Diferenzas entre revisións de «Curtis»

→‎Demografía: Melloras de ortografía
m
(→‎Demografía: Melloras de ortografía)
|}
 
A evolución da poboación estivo moi relacionado coa chegada do [[ferrocarril]] no final do [[século XIX]], manténdose o crecemento de poboación ata mediados do [[século XX]]. Este aumento da poboación rematou coa chegada do ferrocarril a [[Santiago de Compostela]] e a perda desa situación de Curtis como nó de comunicacións. Dende a década de 1950 a baixada de poboación foi progresiva. Nas décadas de 1960 e 1970 a emigración foi ás cidades galegas máis próximas abandonando a explotación do agro como medio de vida. Actualmente está estabilizada esa poboación. A mellora das comunicacións permitiu que moita xente que antes tiña que emigrar ou pasar boa parte do ano forafóra agora teñan como segunda residencia o concello, ou que este sexa un lugar onde pasar a xubilación e non só os meses de verán.
 
== Historia ==
A principios dos anos 1920 o escritor mexicano [[Manuel Toussaint]] foi un viaxeiro abandonado na estación que publicou: "''... el pueblo, si es que puede entrar en la categoría de pueblo una calle formada por casas pobres y feas: eso es Curtis. El polvo del camino, el polvo de esta calle nos tenía blancos''"<ref>Manuel Toussaint: [http://books.google.es/books?id=ZrKYG8ALe-wC&pg=PA236&dq=curtis+estación&hl=en&sa=X&ei=X7IfUfOQMsSwhAefzIHwCw&ved=0CD0Q6AEwBw#v=onepage&q=curtis%20estación&f=false "Obra literaria"] [[Universidad Nacional Autónoma de México]]. ISBN 968-36-2017-5 1992, páx 236 Publicado primeiramente en Viajes alucinados. Rincones de España (1924).</ref>. Esta situación de nó de comunicacións entre a Galiza da costa e a España do interior fixo do lugar un enclave importante, un fervedoiro político e sindical. Ao inicio da [[Guerra civil española|guerra civil]] un grupo de personalidades republicanas que ían de [[Madrid]] para A Coruña foron retidas na estación de Curtis, e foron fusiladas<ref>{{Versaleta|[[Ramón Suárez Picallo|Suárez Picallo, Ramón]]}}: [http://books.google.es/books?id=NlPFqR-5YykC&pg=PA261&dq=curtis+coruña&hl=gl&sa=X&ei=sJEfUZjPDMWAhQfb54GwAQ&redir_esc=y#v=onepage&q&f=false ''La feria del mundo. Crónicas desde Chile (1942-1956) Escolma de artigos'']. [[Consello da Cultura Galega]]. 2008, pax. 261 ISBN 978-84-96530-61-4.</ref>. O constante paso de trens cheos de militares para a fronte fixo do concello un lugar inseguro. Os labregos deixaban as terras sen cultivar por medo a que lles disparasen desde os trens. Foi en plena guerra civil cando a casa do concello foi trasladada a Teixeiro. Rematada a guerra civil, a posguerra estivo marcada polos [[Maquis (guerrilla antifranquista)|escapados]] que se refuxiaban na zona. O mítico guerrilleiro [[Benigno Andrade]], ''Foucellas'', que ata a súa captura e condena a morte mantivo a loita contra a [[Garda Civil]], tiña a súa familia alí e era acosada a diario polas autoridades. Curtis era un cuartel tomado pola Garda Civil. Ata o 2008 mantivéronse o nome de rúas e prazas vinculadas á [[Franquismo|ditadura franquista]]. Curtis mantivo o nome da avenida Generalísimo ata que foi trocado por avenida Principal<ref>[http://elpais.com/diario/2008/10/30/galicia/1225365502_850215.html "El alcalde del PP en Curtis suprimirá los nombres franquistas del callejero local"] ''[[El País]]'', 30 de outubro de 2008 {{es}}.</ref>.
 
O concello aprobou un novo logotipo o 30 de xaneiro de 2008, unha icona cascoas iniciais de Teixeiro e Curtis xunto á idealización das catro parroquias que compoñen o concello todo en cor laranxa. O nome do concello aparece en dúas tipografías de cor gris<ref>{{cita web|título=Logotipo de Curtis|url=http://www.curtis.es/index.php/gl/heraldica-e-logotipo/logotipo|editor=Concello de Curtis|dataacceso=16 de outubro de 2013}}</ref>.
[[Ficheiro:Cartel Lourdes Curtis.jpg|150px|miniatura|Cartel de Curtis sobre o nome de ''Lourdes''.]]
 
1.393

edicións