Asociación Pola Defensa da Ría: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lansbricae (conversa | contribucións)
ligazóns internas
Liña 1:
A '''Asociación Pola Defensa da Ría''' ('''APDR''') é unha asociación ecoloxista de [[Pontevedra]]. Conta cuns 500 socios e un gran respaldo entre a veciñanza da bisbarra.
 
Fundouse a finais de 1987, con carácter aberto, como resposta cidadá ante o grave deterioro ambiental da [[ría de Pontevedra]] e o seu contorno. Propón unha explotación racional dos recursos naturais (marisqueiros, pesqueiros e forestais) e un turismo alternativo, fronte á industrialización contaminante, os recheos ou o monocultivo de [[eucalipto]].
 
Mediante a divulgación e a sensibilización mediante charlas, conferencias ou edicións de boletíns, e actividades como manifestacións, concentracións ou recollidas de sinaturas e denuncias públicas (medios de comunciacións, ante administracións...) e xudiciais, pretende dar a coñecer a problemática medioambiental e a proposta de solucións.