Diferenzas entre revisións de «Antoine de Saint-Exupéry»

sen resumo de edición
({{1000 artigos icona título|materia=Literatura}})
Antoine Marie Jean-Baptiste Roger de Saint-Exupéry foi un dos pioneiros dos voos postais internacionais, un aviador nos días nos que a aviación posuía poucos instrumentos, e voar era unha tarefa extremadamente difícil e perigosa.
 
Comezou traballando en [[Aéropostale]] entre [[Tolosa, Francia|Tolosa]], [[Francia]], e [[Dakar]], [[Senegal]], mentres escribía o seu primeiro libro, ''L'Aviateur'' (O Aviador). En [[1928]] publicou ''Courrier-Sud'' e voou a ruta que vai de [[Casablanca]] a Dakar. En [[1931]], ''Vol[[Voo de Nuitnoite]]'' (Voo''Vol Nocturnode nuit''), que recibiu o [[Prix Femina]], foi publicado. Continuou escribindo e voando (en [[África]] e [[Sudamérica]]) ata o comezo da guerra. Piloto de Latecoere, "A Liña", como lle chamaban familiarmente, precursora de [[Air France]], estivo anos baixo as ordes de Didier Daurat, admirado xefe ao cal lle adicou unha das súas obras. Terra de homes, Piloto de guerra e Ciudadela foron outras obras famosas súas, e o feito de que a última quedase inconclusa, non lle resta valor como verdadeira obra mestra.
 
Durante a [[segunda guerra mundial]] escapou á cidade de [[Nova York]], pero volvería pouco máis tarde para voar xunto ás forzas aliadas nun escuadrón instalado na área do [[mar Mediterráneo]]. Á idade de 43 anos atopábase disposto a abandonar a aviación, pero a súa aeronave de recoñecemento, un [[Lockheed Lightning P-38]] (coñecido tamén como F-5), estrelouse no Mediterráneo no que foi a súa última misión. En [[1998]], un brazalete de prata foi atopado por un pescador ao leste da illa de Riou, preto do lugar da desaparición na costa de [[Marsella]] e identificado como pertencente a Saint-Exupéry: estaba gravado cos nomes da súa esposa e os seus editores, Reynal & Hitchcock, e estaba enganchado a unha peza de tea do seu traxe de piloto. En abril de [[2004]] o Departamento de Investigacións Arqueolóxicas Submarinas francés confirmou que os restos do avión extraídos en outubro de [[2003]] da zona onde se atopou o brazalete pertencían ao avión de Saint-Exupéry. A esta conclusión chegouse logo de comprobar que o número de matrícula dos restos corresponden co do escritor segundo os arquivos da USAF. En todo caso as circunstancias concretas do accidente seguen sen coñecerse.
*''[[L'Aviateur]]'' (1926)
*''[[Courrier sud]]'' (1929)
*''[[VolVoo de nuitnoite]]'' (1931; [[Prix Femina]])
*''[[Terre des hommes]]'' (1939; [[Grand prix du roman de l'Académie française]])
*''[[Pilote de guerre]]'' (1942)
271.477

edicións