Prometeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Prometheus Adam Louvre MR1745 edit atoma.jpg|miniatura|300px|Prometeo nunha escultura de [[Nicolas-Sébastien Adam]], 1762 ([[Louvre]])]]
Na [[mitoloxía grega]], '''Prometeo''' (en [[Lingua grega antiga|grego antigo]] Προμηθεύς, ‘previsión’, ‘prospeción’) é o [[Titán (mitoloxía)|Titán]] amigo dos mortais, honrado por roubar o lume dos deuses e dárllelo ós homes. Posteriormente foi castigado por [[Zeus]] por mor disto.
 
== Mitos ==
Prometeo era fillo de [[Xápeto]] e a [[oceánide]] [[Asia (mitoloxía)|Asia]], ou da tamén oceánide [[Clímene (oceánide)|Clímene]]. Era irmán de [[Atlas (mitoloxía)|Atlas]], [[Epimeteo (mitoloxía)|Epimeteo]] e [[Menecio]], ós que superaba en astucia e enganos. Non tiña medo ós deuses, e ridiculizou a [[Zeus]] por ser pouco espelido. Porén, [[Esquilo]] afirmaba no seu ''[[Prometeo encadeado]]'' que era fillo de [[Xea]] ou [[Temis]]. Segundo unha versión minoritaria, o [[xigante]] [[Eurimedonte]] violou a [[Hera]] cando aínda era unha nena e enxendrou a Prometeo, o que causou a furia de [[Zeus]].
[[Ficheiro:Heinrich fueger 1817 prometheus brings fire to mankind.jpg|miniatura|dereita|280px|Óleo de [[Heinrich Friedrich Füger]]: ''Prometeo leva o lume á humanidade'' (''Prometheus bringt der Menschheit das Feuer'', ''[[Circa|ca.]]'' 1817).</center></small>''']]
 
Prometeo foi un gran benefeitor da humanidade. Urdiu un primeiro engano contra Zeus ó facer o sacrificio dun gran boi que dividiu a continuación en dúas partes: nunha delas puxo a pel, a carne e as vísceras, que agochou no bandullo do boi, e na outra puxo os ósos cubertos de gorentosa graxa. Deixou entón elixir a Zeus a parte que comerían os deuses. Zeus elixiu a capa de graxa e encheu de rabia cando viu que en realidade escollera os ósos. Dende aquela, os homes queiman nos sacrificios os ósos para llos ofrecer ós deuses, mais comen a carne.
 
Anoxado por este engano, Zeus privou ós homes do [[lume]]. Prometeo decidiu roubarllo, así que subiu ó monte [[Monte Olimpo, Grecia|Olimpo]] e colleuno do carro de [[Helios]] ou da forxa de [[Hefesto]], e consiguiuconseguiu devolverllo ós hombreshomes nun facho. Para vingarse por esta segunda ofensa, Zeus ordenou a [[Hefesto]] que fixese unha muller de arxila chamada [[Pandora (deusa)|Pandora]]. Zeus infundiulle vida e enviouna por medio de [[Hermes]] ó irmán de Prometeo, [[Epimeteo (mitoloxía)|Epimeteo]], en cuxa casa se atopaba a [[caixa de Pandora]] que contiña tódalas desgrazas (pragas, dor, pobreza, crime etcétera) coas que Zeus quería castigar á humanidade. Epimeteo casou con ela para acougar a ira de Zeus malia tela rexeitado unha primeira vez por mor das advertencias do seu irmán. Pandora acabaría abrindo a caixa, tal e como Zeus preveraprevira.
 
[[Ficheiro:Heinrich fueger 1817 prometheus brings fire to mankind.jpg|miniatura|dereita|280px|Óleo de [[Heinrich Friedrich Füger]]: ''Prometeo leva o lume á humanidade'' (''Prometheus bringt der Menschheit das Feuer'', ''[[Circa|ca.]]'' 1817).</center></small>''']]
Tras vingarse así da humanidade, Zeus fíxoo tamén con Prometeo, a quen mandou levar ó [[Cáucaso]] para ser encadeado. Zeus envioulle unha aguia para que comese o [[fígado]] de Prometeo. Sendo el inmortal, o seu fígado volvíalle medrar cada noite, e a aguia volvía a comerllo cada día. Este castigo tiña que durar para sempre, mais [[Heracles]] pasou preto do lugar de camiño ó xardín das [[Hespérides]] e ceibouno disparando unha frecha á aguia. Desta volta, non lle importou a Zeus que Prometeo evitase o seu castigo, xa que a súa liberación proporcionoulle máis gloria a Heracles, quen era fillo de Zeus.
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat|Prometheus}}
=== Outros artigos ===
* ''[[Frankenstein ou o moderno Prometeo]]''
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.theoi.com/Text/HesiodTheogony.html Theoi Text, ''Theogony'']
Liña 22 ⟶ 23:
{{Mitoloxía grega}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Mitoloxía grega]]
[[Categoría:Lume]]