Diferenzas entre revisións de «Frankenstein ou o moderno Prometeo»

sen resumo de edición
({{1000 artigos icona título|materia=Literatura}})
{{Outros homónimos|Frankenstein}}
{{Título en cursiva}}
{{Libro
[[Ficheiro:Frankenstein.1831.inside-cover.jpg|miniatura|dereita|Cuberta da obra na edición inglesa de 1831.]]
| nome = Frankenstein
| subtítulo =
| título orixinal = Frankenstein; or, The Modern Prometheus
| tradutor =
| imaxe = [[Ficheiro:Frankenstein 1818 edition title page.jpg|220px]]
| descrición da imaxe =
| autor = [[Mary Shelley]]
| ilustrador =
| artista cuberta =
| país = [[Reino Unido]]
| lingua = [[lingua inglesa]]<br />{{nowrap|(existe trad. publicada en galego)}}
| colección =
| tema =
| xénero =
| editorial =
| data publicación = 1/1/1818
| formato =
| páxinas = 280
| id =
| precedido por =
| seguido por =
| editor =
}}
'''''Frankenstein ou o moderno Prometeo'''''<ref>Traducida do inglés por [[Fernando Rafael Tato Plaza]] e publicada por [[editorial Galaxia]] en 1999.</ref> é unha novela de terror gótico da británica [[Mary Shelley]], que podería englobarse dentro do [[romanticismo]], sendo tamén unha obra pioneira da [[ciencia ficción]]. A obra foi publicada de xeito anónimo en [[1818]] en [[Londres]], e por primeira vez co nome de Shelley no lombo en [[Francia]] dous anos mais tarde.
 
 
== Creación da obra ==
[[Ficheiro:Frankenstein.1831.inside-cover.jpg|miniatura|dereita|Cuberta da obra na edición inglesa de 1831.]]
A obra foi ideada na [[Villa Diodati]] de [[Xenebra, Suíza|Xenebra]], cando [[Lord Byron]], acompañado polo seu médico persoal, [[John Polidori]], hospedou na súa residencia estival a Mary Shelley e o seu home, [[Percey Shelley]], aínda que por aquel entón Mary e Percey aínda non estaban casados; el acababa de ser desherdado polo seu pai tras abandonar a súa muller e fillos para poder estar coa súa amada de 16 anos. O ano 1816<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2014/05/25/1816-autentico-ano-verano/0003_201405SX25P16991.htm "1816: El auténtico año sin verano"], artigo en ''La Voz de Galicia'', 25 de maio de 2014 (consultado o 2 de setembro de 2016).</ref> pasou á historia como o ano sen verán, por culpa da erupción do [[volcán Tambora]] que enrareceu a atmosfera durante todo o ano. Confinados baixo o teito da vila, as conversas xiraban arredor do [[galvanismo]] e outros temas relacionados co [[ocultismo]]. Os catro, acompañados eventualmente pola medio irmá de Mary, remataron por retarse nunha competición para saber quen era capaz de escribir a mellor historia de [[Literatura de terror|terror]]. So a obra de Shelley e ''The Vampyre''<ref>{{Cita web|url=http://www.goodreads.com/book/show/472966.The_Vampyre|páxina-web=Goodreads|título=The Vampyre|data-acceso=2016-09-02}}</ref> de Polidori chegarían a cristalizar. A propia autora explica moitos destes acontecementos no prólogo da propia obra<ref>{{Cita web|url=http://www.elmundo.es/cultura/2016/08/07/57a680ceca47416d7f8b4632.html|título=Una noche, hace 200 años...|data-acceso=2016-09-02}}</ref>.
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
=== Outros artigos ===
* [[Biblioteca Galega de Clásicos Universais]]
=== Outros artigos ===
* [[Prometeo]]
186.496

edicións