Constitución española de 1812: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiños
Liña 3:
A '''Constitución española de 1812''' ou '''La Pepa''', aprobada o [[19 de marzo]] de [[1812]] polas Cortes Xerais Extraordinarias reunidas na cidade de [[Cádiz]], e promulgada no día inmediato, foi o primeiro documento constitucional aprobado na Península Ibérica e un dos primeiros no Mundo, sendo, no sentido moderno, só precedida pola [[Pasquale Paoli#A Constitui.C3.A7.C3.A3o de 1755|Constitución Corsa de 1755]] (a primeira [[constitución]] verdadeiramente democrática), pola [[Constitución dos Estados Unidos da América]] (1787) e pola [[Constitución francesa de 1791]].
 
Oficialmente, a Constitución de Cádiz estivo en vigor dous anos, desde o día da súa promulgación, o [[19 de marzo]] de [[1812]], día de [[Xosé de Nazaret|San Xosé]], de aí o alcuño de ''La Pepa'' que lle deu o pobo [[Andalucía|andaluz]], até o [[24 de marzo]] de [[1814]], día en que foi revogada co regreso a España do rei [[Fernando VII de España|Fernando VII]]. Aínda que efemeramente, foi restaurada por dúas veces: de [[1820]] a [[1823]], durante o chamado ''Trienio Liberal''; e en [[1836]]-[[1837]], como norma constitucional transitoria durante a elaboración da [[Constitución española de 1837]].
 
A pesar desta curta vixencia, o seu texto exerceu profunda influencia no desenvolvemento do constitucionalismo español, [[Portugal|portugués]] e [[América Latina|latinoamericano]], adoptándose as súas instrucións electorais, na secuencia da [[Martiñada]], para a realización das eleccións para as Cortes Xerais e Extraordinarias da Nación Portuguesa, realizadas en decembro de [[1820]], e servido de inspiración na elaboración da resultante Constitución Política da Monarquía Portuguesa de 1822.
Liña 10:
[[Ficheiro:Cadizplazaespana.jpg|miniatura|dereita|250px|Monumento á Constitución de Cádiz (Praza de España, [[Cádiz]])]]
[[Ficheiro:Alegoria constitucion 1812-1-.jpg|miniatura|250px|''Alegoría á Constitución de 1812'', por [[Francisco de Goya]], colección do Museo de Belas Artes de Estocolmo ( o [[Nationalmuseum]]).]]
A Constitución de Cádiz naceu na secuencia das profundas mudanzas sociais desencadeadas na Europa pola expansión do [[Ilustración|iluminismo]], pola [[Revolución Francesa]] e polo período de grande inestabilidade sociopolítica que houbo a seguir, e que alastrou por todo o continente tendo como catalizador inmediato as [[Guerras Napoleónicasnapoleónicas]]. Neste contexto, tivo particular importancia o surximento da chamada [[Estatuto de Baiona|Constitución de Baiona]], unha ''carta constitucional'' imposta por [[Napoleón I de Francia|Napoleón Bonaparte]] aos representantes españois chamados en [[1808]] á cidade francesa de [[Baiona, Francia|Baiona]].
 
En consecuencia da ''[[Carga dos Mamelucos]]'', un levantamento do pobo de [[Madrid]] contra os franceses ocorrido o [[2 de maio]] de [[1808]] (inmortalizado por [[Francisco de Goya|Francisco Goya]] na súa obra ''[[El 2 de Mayo de 1808 en Madrid]]''), xurdiu en numerosas localidades un fenómeno espontáneo de resistencia que se agrupou en torno das chamadas ''Xuntas''. Estas comprenderon que coa súa unión nunha estrutura nacional única obterían maior eficacia, polo que o [[25 de setembro]] do mesmo ano foi constituída a ''[[Xunta Suprema Central|Xunta Suprema Central Gobernativa]]'', con sede primeiro en [[Aranjuez]] e despois en [[Sevilla]]. As súas funcións principais eran dirixir a guerra contra a ocupación francesa e preparar a posterior reconstrución do Estado.
 
No que respectaba à reconstrución do Estado, colocábanse dúas posibilidades distintas sobre o futuro político español: a primeira delas, representada fundamentalmente por [[Gaspar Melchor de Jovellanos]], consistía na restauración das normas previas da [[Absolutismo|monarquía absoluta]] e o retorno á situación anterior á intervención francesa; a segunda, de cariz liberal, implicaba a promulgación dunha [[Constitución]] para o Estado español e unha modernización global das súas estruturas, de acordo cos preceptos liberais implícitos nas ideas iluministas e racionalistas. Foi esta última a opción vencedora, convocándose para tal ''Cortes Generales y Extraordinarias'' con poderes constituíntes.
 
O estado de guerra que entón se vivía na Península Ibérica, consecuencia da [[Guerra da Independencia española|Guerra Peninsular]] que naquela altura estaba no seu auxe, levou a que as Cortes tivesen de procurar refuxio fóra da cidade de [[Madrid]], entón controlada por forzas francesas. Como resultado, as Cortes reuníronse en Sevilla, ao tempo unha das poucas cidades que non estaban baixo ocupación militar estranxeira. Durante o curso dos seus traballos, as Cortes foron forzadas a procurar refuxio en [[San Fernando, Cádiz|San Fernando]], localidade entón coñecida por Isla de León, xa que unha epidemia de [[febre amarela]] volvía pouco segura a realización de reunións en Sevilla.
 
As Cortes, cuxa primeira reunión ocorreu o [[24 de setembro]] de [[1810]] no edificio actualmente coñecido por Teatro de las Cortes, tiñan a seguinte composición socio-profesional:
Liña 28:
* 20 sen profesión definida.
 
Perante o avanzar das forzas francesas, os traballos das Cortes volveron a deslocarse para [[Cádiz]], promulgándose a Constitución no Oratorio de San Felipe Neri daquela cidade no día [[19 de marzo]] de [[1812]], día de [[Xosé de Nazaret|San Xosé]]. Aquela coincidencia de datas levou a que a Constitución recibise o alcuño de ''La Pepa'', o diminutivo cariñoso de ''Josefa'', alcuño que durante moitos anos foi utilizado como grito revolucionario polos seus apoiantesdefensores.
 
As Cortes ratificaron case de inmediato os principios fundamentais polos cales se guiaría a elaboración da Constitución: a [[Soberanía nacional|soberanía popularnacional]], afirmando que a soberanía reside no pobo e non no rei; a lexitimidade dinástica de [[Fernando VII de España]] como xefe de Estado; a [[Separación de poderes|separación de poderes]], coa independencia e inamovibilidadeinamobibilidade dos xuíces; e a inviolabilidade dos deputados no exercicio do seu mandato. O traballo das Cortes foi arduo e rápido, aprobando un texto constitucional de grande complexidade (son 384 artigos, unha das maismáis longas ConstituciónConstitucións de sempre), nun período moi curto.
 
A Constitución de Cádiz non foi un acto revolucionario, nin mesmo unha ruptura co pasado. Desde a legalidade do momento, determinando coidadosamente quen eran os lexítimos representantes do pobo, todo foi obxecto de discusión e acordo. Comezaron os actos do día da abertura con procesión cívica, misa e unha exhortación, proferida polo Presidente da Rexencia, o [[bispo]] de [[Ourense]], [[Pedro de Quevedo y Quintano]], aos deputados reunidos para que cumprisen fiel e eficientemente as súas obrigacións.
 
Cando Fernando VII foi restaurado no trono, en marzo de 1814, en consecuencia da derrota francesa na [[Guerra Peninsular]], foi obrigado a xurar que respectaría a Constitución. Con todo, encoraxado polas forzas conservadoras que dominaban a sociedade española, con especial importancia da xerarquía da [[Igrexa Católicacatólica]], o [[4 de maio]] repudiou formalmente a Constitución de Cádiz e o [[10 de maio]] mandou prender os líderes liberais, xustificando a súa acción coa alegación de que as Cortes se reuniran na súa ausencia e sen a súa autorización. Con estes actos púxose termo á incipiente vixencia da Constitución e restabeleceuse a doutrina de que a autoridade soberana era unha prerrogativa persoal do rei, non requirindo lexitimación popular.
 
== Véxase tamén ==