16.812
edicións
(Recuperando 1 fontes e etiquetando 2 como mortas. #IABot (v2.0beta8)) |
m (→Características: arranxos url morta) |
||
== Características ==
[[Ficheiro:Cidade da Cultura A biblioteca de galicia.jpg|miniatura|Biblioteca de Galicia]]
Representa ao sistema bibliotecario galego ante todos os organismos, foros e plataformas internacionais do eido bibliotecario. A [[Xunta de Galicia]] inaugurouna o [[11 de xaneiro]] de [[2011]].<ref name="Inauguracion">
Conta con 15.702 m² útiles, distribuídos en seis alturas.
Entre as coleccións que alberga a biblioteca atópanse os fondos bibliográficos de Isaac Díaz Pardo, Rodolfo Nuñez de las Cuevas, Basilio Losada, Xesús Alonso Montero, Carlos Casares, Luis Losada Espinosa, Agustín Sixto Seco ou Celso Collazo Lema.<ref name="coleccións">[http://bibliotecadegalicia.xunta.gal/gl/catalogos-coleccions/coleccions/autor Bibliotecas de Autor- Biblioteca de Galicia], 26/08/2013.</ref>
[[Ficheiro:2011-08-17 Biblioteca de Galicia. Cidade da Cultura. Santiago de Compostela-C12.jpg|miniatura|Interior.]]
== Fondos e coleccións ==
A colección da hemeroteca histórica iníciase co primeiro xornal publicado en Galicia, ''[[El Catón Compostelano]]''. Esta hemeroteca inclúe tanto cabeceiras publicadas en Galicia como na emigración (''[[Caras y Caretas]]'', ''[[El Eco de Galicia (Santiago de Compostela)|El Eco de Galicia]]''...).
A cartoteca inclúe os fondos que ingresan por depósito legal desde o ano 2008, amais da colección de mapas de Carlos Díaz e Alicia Castro. Esta colección inclúe a maioría dos mapas antigos impresos dende o século XVI (190 mapas) con exemplares como os de Ojea ou a ''[[Carta Xeométrica de Galicia]]'' de [[Domingo Fontán]]. Tamén no 2008 o xeógrafo Nuñez de las Cuevas doou a súa colección bibliográfica que inclúe 387 mapas. Entre eles atópanse mapas realizados na [[Segunda Guerra Mundial]] como os realizados polo exército alemán cando non estaba completo o Mapa Topográfico Nacional. Destaca asemade o mapa usado polo Estado Maior do Xeneral [[Dwight D. Eisenhower]], en 1945, indicando as distintas zonas de acción e ocupación de Alemaña polos diferentes países da coalición.<ref>{{cita web |url=http://www.bne.es/es/Colecciones/docs/DirectorioCartotecas.pdf|título=Directorio de cartotecas y colecciones cartográficas|nome=Carmen|apelidos= Líter Mayayo|editorial=BNE|páxina=85}} </ref>
Na biblioteca gárdanse tamén fondos gráficos, sonoros e audiovisuais.
|