Rhinopithecus strykeri: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "O mono sen nariz de Birmania ou mono de hocico chato (Rhinopithecus strykeri) é unha especie de primates catarrinos da familia dos cercopitécidos orixinario do norte de Birmania..."
Etiqueta: Artigo sen formato wiki
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 10 de marzo de 2019 ás 21:36

O mono sen nariz de Birmania ou mono de hocico chato (Rhinopithecus strykeri) é unha especie de primates catarrinos da familia dos cercopitécidos orixinario do norte de Birmania e a zona adxacente de China. A especie foi nomeada por Geissmann e colaboradores no 2010 a partir de un cráneo e o seu nome é en honor ao filántropo Jon Stryker. Estimase que a poboación coñecida está formada por 260-330 individuos. A especie é coñecida nos dialectos locais como "nwoah mey" (mono con unha cara cara arriba). A choiva supostamente fai que esbirre debido á corta pel arredor da súa nariz respingada. A xente da zona informa que se senta coa cabeza dirixida cara abaixo, agochando a súa cara entre os xeonllos cando chove, seguramente para protexer o nariz da entrada de auga. Aínda que a especie é nova para a ciencia, non o é para os cazadores da zona, que o chaman "nwoah" ou "mono coa cara volta cara arriba", en dialecto local. O mono chato está ameazado pola desaparición do seu hábitat natural e pola caza.