Diferenzas entre revisións de «Abetouro común»

 
[[Ficheiro:Bak Botaurus stellaris Poznan ZOO.jpg|300 px|esquerda|miniatura|Abetouro no zoo de [[Poznan]]]]
== Reprodución ==
[[File:Botaurus stellaris MHNT.ZOO.2010.11.50.8.jpg|thumb|left| ''Botaurus stellaris'']]
 
Os machos son polígamos e non se ocupan de chocar ou alimentar ós polos. Sábese de machos que se aparellan con ata sete femias reprodutoras. A época de face-lo niño varía mesmo entre as aves que viven na mesma área. Constrúeno en zonas de mato espeso, con canas e xuncos, e cóbreno con follas e herba seca. O diámetro é duns 50 cm e a altura duns 30. Poñen entre 3 e 7 ovos, nun período de entre 2 e 3 días entre a primeira e a última posta. A femia comeza a chocar en poñendo o primeiro. Incuban ámbolos dous membros da parella, aínda que o macho o fai en poucas ocasións. Os pitos rompen a casca despois de 25 ou 26 días de incubación, e comezan a saír do niño dúas ou tres semanas despois, aínda que ata que teñen máis de dous meses non poden voar, momento no que a familia se separa.
171

edicións