Bagler: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 5:
Formouse en [[Escania]], a rexión máis ao sur da actual [[Suecia]] e daquela pertencente a [[Dinamarca]], auspiciada principalmente polo bispo [[Nicolás Arnesson]] de [[Oslo]] e o arcebispo [[Erik Ivarsson]] de [[Trondheim|Nidaros]] (actual Trondheim) ao redor do pretendente [[Inge Magnusson]] (chamado Rei Bagler) para depoñer o rei [[Sverre I de Noruega]]. As clases acomodadas, especialmente de [[Viken]] e de [[Vestlandet]], foron o principal apoio dos Bagler. Os antecedentes da súa actividade están no apoio que ofreceron a [[Inge I de Noruega]] e, despois da súa morte, a [[Magnus V de Noruega|Magnus V]] e a seu pai, o rexente [[Erling Skakke]].
 
Loitaron contra os [[Birkebeiner]], que eran esencialmente unha facción de campesiños que apoiabana ao rei Sverre I (tamén chamado Sigurdsson, por ser suposto fillo ilexítimo do rei [[Sigurd II]])<ref>{{Cita libro|título=Genealogisk-historiske tabeller over de nordiske rigers kongeslægter|apelidos=|nome=|editorial=JPF|ano=1856|ISBN=|ref=|lugar=Königsfeldt}}</ref> nunha guerra civil a finais do [[século XII]]. A fonte máis importante sobre a vida de Sverre é a ''[[Saga de Sverre]]'', un documento escrito en vida do monarca, considerada como unha fonte parcial pois foi escrita baixo o seu patronado. Nela, indícase como Sverre ten liñaxe real por ser fillo bastardo putativo do falecido rei Sigurd II. En xeral, a maior parte dos historiadores están de acordo coa opinión na época na que se sostiña que era un impostor.
 
Dende unha perspectiva sociohistórica, os Bagler pode ser interpretado como conservadores fronte ao resultado dos cambios como o rápido aumento dos homes fronteirizos sen terras (''markamenn''), que foran instalados ao longo da fronteira sueca e vivían do saqueo dos antigos asentamentos ricos. Esa poboación anárquica converteuse na base principal dos Birkebeiner. Os Bagler tamén favoreceron á [[Igrexa católica|Igrexa]] e ós seus privilexios e posesións.