Abrir o menú principal

Cambios

Entre [[1066]] e [[1130]], o reino de Noruega estableceuse xa solidamente, aínda que aínda contaba cun sistema administrativo bastante rudimentario. Na época inmediatamente posterior á Era Viquinga, alcanzouse en Noruega un período de paz interna e de crecemento económico, pero a carencia dun sistema claro do dereito de sucesión do trono provocou tensións e finalmente, tras a morte de Sigurd o Cruzado en [[1130]], unha [[guerra civil]]. Esta guerra, por regra xeral, consistiu en conflitos armados intercalados entre breves períodos de paz. Os bandos opostos trataban de impor ao seu pretendente e á morte dun deles, os seus seguidores manténdose aglutinados ao redor dun sucesor.
 
A Igrexa interveu nos anos [[1160]] a favor de [[Magnus V de Noruega|Magnus Erlingsson]], que sería o primeiro monarca noruegués en ser coroado. Ao mesmo tempo, por influencia da Igrexa, redactouse a primeira lei de sucesión escrita, que estipulaba a condición de fillo lexítimo para alcanzar o trono. Porén, os seus opositores uníronse, co patrocinio do clero, na facción coñecida como os ''[[bagler]]''. Desde [[1208]] até [[1217]], o país quedou dividido pola guerra entre ambos os partidos, ata que se alcanzou a reconciliación e o rei [[Haakon IV de Noruega|Haakon IV]] foi recoñecido polas dúas faccións en [[1217]].
 
[[Haakon V de Noruega|Haakon V]], rei desde [[1299]], trasladou a capital a [[Oslo]], casou cunha princesa [[Alemaña|alemá]] e tentou incrementar a influencia norueguesa en [[Escandinavia]], participando en conflitos internos de [[Suecia]]. Esa política levaría á unión de Noruega cos seus veciños por longos períodos. Así pois, aínda que unidos baixo un mesmo monarca, Suecia e Noruega mantivéronse como reinos independentes, coas súas propias leis e o seu propio Consello. Magnus VII tivo dous fillos, e os dous Consellos acordaron que se outorgase o trono dun país a cada un deles. Magnus abdicou a coroa norueguesa no seu fillo [[Haakon VI de Noruega|Haakon VI]] en [[1362]], que casou coa princesa [[Margarida I de Dinamarca|Margarida de Dinamarca]], sendo o seu único fillo, [[Olav III de Dinamarca|Olav]], rei de Dinamarca en [[1375]] e á morte de Haakon VI en [[1380]], tamén en rei de Noruega. Desde entón, salvo breves excepcións, Noruega permanecería unida a Dinamarca até [[1814]].
10.367

edicións