Diferenzas entre revisións de «Óso alveolar»

sen resumo de edición
Estes espazos son os ''[[alvéolos]]'', e as súas paredes chámanse [[Proceso alveolar|procesos alveolares]] (na terminoloxía científica, latina, ''processus alveolaris maxillae''). Conforme o dente vai saíndo a través da [[enxiva]], o proceso alveolar desenvólvese ao redor dos dentes para axudar a sostelos dentro dos maxilares.
 
O óso alveolar é, por tanto, unha capa delgada que circunda a raíz dos dentes, manténdoos seguros contra as bacterias da [[xinxivite]] debido á inserción das fibras coláxenas do [[ligamento periodontal]]. Pode ser considerado como un tecido conxuntivo especializado mineralizado, composto basicamente por un 33 % de matriz orgánica e un 67 % de cristais de hidroxiapatita. Ademais de manter a estrutura dentária no arco, o óso alveolar tamén ten funcións de protección, locomoción e de reservatorio.
 
Ademais de manter a estrutura dentária no arco, o óso alveolar tamén ten funcións de protección, locomoción e de reservatorio.
 
Xusto antes da mineralización, os [[osteoblasto]]s inician a produción de vesículas de matriz. Estas vesículas conteñen enzimas, tales como a [[fosfatase alcalina]], que axudam a iniciar a enucleación de cristais de [[hidroxiapatita]]. Estes cristais crecen e desenvólvense, formando nódulos óseos coalescentes, os cales, con fibras coláxenas en rápido desenvolvemento e desorientadas, son a subestrutura do óso lamelar e o primeiro óso formado no alvéolo. Mais tarde, a través da deposixión ósea, remodelación e secrción de capass de fibras coláxenas orientadas, o óso lamelar maduro queda formado. Os cristais de hidroxiapatita están xeralmente aliñados cos seus longos eixos paralelos ás fibras coláxenas.
26.084

edicións