Benito Xerónimo Feijoo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 10:
== Traxectoria ==
{{Véxase tamén|Cronobiografía de Benito Xerónimo Feijoo}}
Era fillo primoxénito dunha familia [[fidalguía|fidalga]], o seu pai foi Antonio Feijoo Montenegro e Sanjurjo e a súa nai María de Puga Sandoval Novoa e Feijoo. Logo de facer os estudos primarios no [[mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil]], pouco antes de facer os 14 anos ingresou na [[Orde de San Bieito]], polo que tivo que renunciar aos seus dereitos como [[morgado]]. Ordenouse como [[sacerdote]] no [[mosteiro de San Xulián de Samos]], e estudou [[Teoloxía]] na [[Universidade de Salamanca]]. Foi profesor durante oito anos no [[mosteiro de San Salvador de Lérez]], catro anos como pasante e catro como titular.<ref>{{cita web|url=http://www.sanbenitodelerez.com/contactos/el-monasterio/historia-del-monasterio/|título=Historia del monasterio|páxina-web=San Benito de Lérez|autor={{Versaleta|[[Crisanto Rial López|Rial López, C.]]}}|lingua=es}}</ref> Acadou mediante [[oposición]] unha [[Cátedra universitaria|cátedra]] na [[Universidade de Oviedo]]. En Oviedo residiu dende [[1709]], no colexio bieito de San Vicente.
 
== Obra ==