Illa de Sálvora: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
na Wikipedia non precedemos os nomes propios de tratamentos de cortesía
Liña 39:
No ano [[899]] o rei [[Afonso II de Oviedo|Afonso II]] dóaa ao Cabildo Catedralicio de Santiago, que a reclama co fin de obter recursos para o seu sustento. Esta doazón, que incluía [[Ons]], [[Illa de Tambo|Tambo]], [[Arousa]], [[Cíes]] e Framio, confirmouna [[Ordoño II]] ao bispo Sisnando no ano [[911]]. Xa no ano [[1120]] a illa fora invadida por naves [[Árabes|sarracenas]] que se refuxiaron nela esperando reforzos cando se dispoñían a invadir estas terras, máis a tardanza daquela axuda, fixo que os navíos cristiáns enviados por orde do arcebispo de Santiago se apoderasen das naves invasoras, freando por longo tempo estas incursións. A partir de entón, esta illa descoñecida comeza a ser ambicionada pola nobreza do momento. O desinterese do Cabido Compostelán por Sálvora, fixo que a partir desa época, os veciños de [[Carreira, Ribeira|Carreira]] ocuparan a illa para utilizala como terreos de cultivo, chegando a establecerse nela permanentemente anos máis tarde.
 
No ano [[1770]], o comerciante coruñés D. Jerónimo de Hijosa instalou por poder unha fábrica de secado e salgadura de peixe, que en [[1960]] engadíronselle dúas torres e [[amea]]s, e hoxe é coñecida como ''O Almacén'', sendo a primeira factoría de salgadura de [[Galicia]].
 
Por esta illa comezarían os preitos no ano [[1789]] entre os veciños de Carreira encabezados polo seu cura párroco, D. Manuel Acuña e Malvar, contra "Don Vicente Caamaño Valera e Gayoso, Cavallero da orde de San Juan de Malta, Brigadier da Real Armada, Veciño da Vila de [[Ferrol]]", ao obter este unha Real Cédula para instalar unha pesqueira de atúns que ademais da illa ocuparía unha concesión de catro leguas ao redor dela, co que os mariñeiros de Carreira quedarían practicamente sen poder faenar nestas augas, o cal sería unha ruína para as súas economías familiares.
 
A principios do [[século XIX]], as dificultades económicas fan que os habitantes de Carreira desprácense á illa para traballar como caseiros de explotacións agrícolas e gandeiras. Consolídase unha pequena aldea con oito casas ao redor dunha praza e dúas fontes de auga potable. A poboación era de 60 persoas e coñecíaselles polo nome da casa que habitaban.
Liña 51:
O principal lugar de relación social era a taberna, situada á beira do antigo almacén de salgadura, lugar onde se reunían os pescadores. Esa taberna converteríase cara a 1960 na capela de Santa Catarina, patroa da illa.
 
O [[Historia dos ministerios de Fomento de España|Ministerio de Obras Públicas]] construíra en [[1862]] un faro, ao bordo sur da illa. A illa foi expropiada polo estado en [[1904]], que construíu a pista, o peirao, e inaugurou en [[1921]] o faro actual, de maior altura e se cadra non ben situado, polo que posteriormente houbo que voar toneladas de rochas que dificultaban o seu alcance no sector noroeste. O MOP construíu un pequeno peirao na ''Praiapraia do Almacén'', fronte á taberna que o xa marqués consorte de Revilla, máis tarde, converteu na Capela de Santa Catarina.
 
En [[1958]] a familia Otero-Goyanes recuperou a propiedade da illa, xunto cos illotes de Vionta e Noro, estando a illa libre de cargas fiscais e sendo o prezo de compra ao estado español de 1.293.758 pesetas da época. [[Joaquín Otero Goyanes]], Xeral Auditor da [[Armada Española|Armada]], conseguiu unha concesión dos bens do estado, en réxime de usufruto por 99 anos, que na práctica polas condicións da concesión supuxo unha cesión da titularidade de praias, camiños e fontes, que en seis ocasións foi ratificada polos tribunais.
 
En 1960 D. Joaquin Otero reconstruíu a ''Fonte dá Telleira'', chamándoa fonte de Santa Catarina, adornada cos banzos da escaleira de caracol do faro vello, outros restos foron empregados nas torres engadidas ao almacén e nun lavadoiro, transpórtase á illa un tractor e instálase un xerador eléctrico. Todo iso con fondos do servizo de extensión agraria.
 
Pouco durarían xa os colonos, que reclamados pola instalación en terra de industrias propiedade da familia, decidiron irse a vivir ao continente. Aínda así o último habitante abandonou a aldea en [[1972]].