Diferenzas entre revisións de «Beltrán de la Cueva»

na Wikipedia non precedemos os nomes propios de tratamentos de cortesía
Sem resumo de edição
(na Wikipedia non precedemos os nomes propios de tratamentos de cortesía)
 
== Traxectoria ==
En [[1456]], o rei [[Henrique IV de Castela|Henrique IV]] hospedouse na casa do seu pai, Diego Fernández de la Cueva, que era rexedor e cabeza da súa liñaxe en Úbeda. Como agradecemento ás atencións recibidas, o monarca ofreceu ao fillo maior de don Diego un posto na Corte, pero don Diego rogoulle que ocupase o seu lugar don Beltrán, por ter o outro que atender o [[morgado]] familiar, e así chegou como paxe don Beltrán de la Cueva a corte castelá.
 
Unha vez no seu novo destino, Beltrán de la ascendeu rapidamente grazas ás súas excelentes relacións co rei. En [[1458]] foi nomeado mordomo de palacio e señor de Xaén, e en [[1461]] entrou no Consello Real, desprazando a [[Juan Pacheco]], [[Marqués de Villena]], como home de confianza ([[valido]]) de Henrique IV. Paralelamente, o seu irmán Gutierre foi nomeado [[bispo]] de [[Palencia]]. En [[1462]] concedéronselle os cargos de Conde de Ledesma e Mestre da [[Orde de Santiago]]. Tamén posuía por entón a cidade de [[Huelma]], concedida en [[1460]] como dote pola súa voda con Mencia de Mendoza y Luna, sobriña do poderoso cardeal [[Andalucía|andaluz]] [[Pedro González de Mendoza]]. Don Diego Fernández de la Cueva foi obsequiado co Vizcondado de Huelma, que, á morte deste, pasou a Beltrán de la Cueva, sendo elevado o título a Condado, chamándose primeiro Conde de Huelma.
 
Esta fulgurante carreira desatou as envexas e rancores de numerosos cortesáns e nobres, en especial o Marqués de [[Villena]]. Co fin de desacreditalo politicamente, comezaron a difundirse rumores sobre supostas aventuras de Beltrán de la Cueva coa raíña, [[Xoana de Portugal]], e ata chegou a asegurarse que a princesa [[Xoana a Beltranexa|Xoana]] non era filla do rei (ao que se xulgaba impotente), senón do propio Beltrán. Por esta razón, no futuro comezaríase a alcuñar á herdeira ao trono como ''Xoana a Beltranexa''. As críticas chegaron ao seu nivel máis alto tralo seu nomeamento como Maestre de Santiago, ata o punto de que Henrique IV viuse obrigado por primeira vez a tomar medidas contra De la Cueva co fin de calalas. En [[1463]] foille retirado o cargo de Mestre e ordenóuselle que se afastase da Corte, pese a que foi recompensado coa concesión do título de [[Duque de Alburquerque]] (creado especificamente para el) así como a entrega do castelo de Anguix e o goberno das poboacións de Roa, Aranda, Molina de Aragón, Cuéllar e Atienza.
Contra o que se puidera imaxinar, Beltrán de la Cueva nunca tomou partido pola súa suposta filla durante a [[Guerra Civil Castelá]] que enfrontou a Xoana coa súa tía [[Isabel a Católica|Isabel]] entre [[1474]] e [[1479]], logo da morte de Henrique. Ao contrario, combateu nas filas isabelinas durante varios anos, tanto na guerra sucesoria como no asedio de [[Granada]] de [[1491]]. Morreu o día de Todos os Santos de [[1492]] no seu castelo de Cuéllar.
 
Don Beltrán de la Cueva dedicou parte do seu tempo a glosar o ''Libro de cetrería''de Xoán de Sahagún, cetrero do rei [[Xoán II de Castela]]. Desta obra coñécense catro copias: dous consérvanse na Biblioteca Nacional de España, outra na Universidade de Yale e recentemente descubriuse unha cuarta na Biblioteca Statale de Montevergine (Italia), aínda que esta versión omite as glosas de D. Beltrán.
 
== Véxase tamén ==
100.129

edicións