Moeda da Antiga Roma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna a artigo novo.
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna a artigo novo.
Liña 271:
As moedas son un dos testemuños máis coñecidos da vida económica da Antiga Roma<ref>Michel Christol, Daniel Nony. ''Rome et son empire, des origines aux invasions barbares.'' Hachette. 2003. Páxina 167. ISBN 2011455421</ref>. Os comezos do estudo do monetario romano remóntanse xa a varios séculos. A partir do [[século XVIII]], coleccionistas e eruditos empezaron a constituír os primeiros "gabinetes de medallas" (denominaban deste xeito as moedas antigas), onde se acumulaban, clasificaban e estudaban as súas adquisicións. Entre eles, é de salientar o [[Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia|Gabinete de Medallas de París]], dependente da [[Bibliothèque nationale de France|Biblioteca Nacional de Francia]]. Da fusión de varios destes inventarios xurdiron os primeiros catálogos numismáticos, cada vez máis exhaustivos, que repertoriaban as emisións segundo os seus tipos, motivos ou lugares de emisión.
 
[[Ficheiro:Henry Cohen.jpg|miniatura|esquerda|Retrato do [[Numismática|numismático]] [[Henry Cohen (numismático)|Henry Cohen]], [[1878]]. ''[[Bibliothèque nationale de France]].'' ]]
Unha ilustración deste proceso a finais do [[século XIX]] dánola [[Henry Cohen]], autor dun famoso catálogo que abrangue decenas de milleiros de moedas imperiais, titulado ''[[Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain]].'' No seu limiar, Cohen describe o seu estudo dos inventarios de museos de [[Turín]], de [[Dinamarca]] e de [[Viena]], así como as coleccións do [[Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico|Departamento de Moedas e Medallas]] do [[Museo Británico]] e do Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia. Este último enriqueceu os seus fondos co legado de aficionados como o [[Anne Claude de Caylus|Conde de Caylus]], que seguía moi de preto as primeiras [[Arqueoloxía|descubertas arqueolóxicas]] de [[Herculano]] e [[Pompeia]] a principios do século XVIII.<ref>Cohen, Henry (1882). Tomo I. Limiar. Páxina XI.</ref>