Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna a artigo novo.
Liña 1:
[[Ficheiro:Henry Cohen.jpg|miniatura|[[Henry Cohen (numismático)|Henry Cohen]], autor de '''''Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain''''']]
{{Cursiva}}
Co título completo de '''''Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain, communément appelées Médailles impériales''''' ("Descrición histórica das [[Moeda|moedas]] [[Cuñaxe|cuñadas]] no [[Imperio Romano]], comunmente chamadas medallas imperiais") publicouse en nove volumes, entre [[1859]] e [[1868]], o ''[[magnum opus]]'' do [[Numismática|numismático]] [[Francia|francés]] [[Henry Cohen (numismático)|Henry Cohen]] sobre a [[moeda romana]] do [[Imperio romano|período imperial]].<ref>"[http://www.virtualcohen.com/henry-cohen-s-work Henry Cohen's Work]". En ''VirtualCohen.com''</ref><ref>[http://www.cervantesvirtual.com/obra/description-historique-des-monnaies-frappees-sous-lempire-romain-communement-appelees-medailles-imperiales/ Ficha con características da obra]. ''Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes''.</ref><ref>"[http://www.sacra-moneta.com/Numismatique-romaine/Henry-Cohen-Description-des-monnaies-frappees-sous-l-Empire-romain.html Henry Cohen. Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain]". En ''www.sacramoneta.com''</ref>
 
== Relevancia no seu contexto ==
Esta obra, elaborada ao longo dunha década polo [[bibliotecario]] e [[investigador]] do [[Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia|Gabinete de Medallas]] da [[Biblioteca Nacional de Francia]], é un catálogo de moedas imperiais romanas inventariadas na súa época, que abrangue desde [[Cneo Pompeio Magno|Pompeio]] ata [[Rómulo Augústulo]].<ref>Saliot, M. "[https://www.inha.fr/fr/ressources/publications/publications-numeriques/dictionnaire-critique-des-historiens-de-l-art/cohen-henry.html Cohen, Henry]". En ''Dictionaire critique des historiens de l'art''. Institut National d'Histoire de l'Art.</ref>
 
Desde o momento da súa publicación converteuse na referencia dos estudos de [[numismática]] dese período, durante a fin do [[século XIX]] e unha parte do [[século XX]], cando se viu desprazada por unha nova obra magna, en 13 volumes, titulada ''[[The Roman Imperial Coinage]]'', publicada entre [[1923]] e [[1994]]. Esta obra, que abrangue desde a [[Batalla de Accio]] ([[-31|31]] a. de C.) ata a [[Antigüidade tardía]] ([[491]] [[Anno Domini|d. de C.]]), aínda tomando como punto de partida a de Cohen, supuxo un [[Metodoloxía|avance metodolóxico]], xa que, Mentres Cohen clasificara as moedas por [[Lista de emperadores romanos|emperador]], e despois por [[orde alfabética]] da [[Epigrafía|lenda]], sen indicación ningunha dos [[Casa de moeda|obradoiros monetarios]], na nova obra, iniciada por [[Harold Mattingly|Mattingly]] e [[Humphrey Sutherland|Sutherland]], se daba para cada emperador unha clasificación cronolóxica das pezas ordenadas por obradoiro monetario e por serie de emisión.<ref>Zehnacker, H (1985). "[http://www.persee.fr/doc/numi_0484-8942_1985_num_6_27_1881_t1_0229_0000_4 С. H. V. Sutherland, The Roman Imperial Coinage, Volume I, Revised edition, From 31 ВС to AD 69]". En ''[[Revue Numismatique|Revue numismatique]]''. Vol. 6. Nº 27. Páxinas 229-231.</ref>
 
== Estrutura da obra e edicións ==