Philip Grierson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Axuste en categorías.
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna a artigo novo.
Liña 25:
}}
 
'''Philip Grierson''', nado o [[15 de novembro]] de [[1910]] en [[Dublín]], [[Irlanda]], e finado o [[15 de xaneiro]] de [[2006]] en [[Cambridgeshire]], [[Inglaterra]], foi un [[historiador]] e [[Numismática|numismático]] [[Gran Bretaña|británico]].<ref>"[https://www.inc-cin.org/assets/pdf/articles/obituary-grierson.pdf Nécrologies: Philip Grierson (15 novembre 1910 - 15 janvier 2006)]". [[Consello Internacional de Numismática]].</ref><ref>McKendrick, N. ''[https://www.theguardian.com/news/2006/jan/18/guardianobituaries.highereducation Philip Grierson]'' (obituario). En ''The Guardian''. 18 de xaneiro de 2006.</ref><ref>"[https://www.telegraph.co.uk/news/obituaries/1508263/Professor-Philip-Grierson.html Professor Philip Grierson]" (obituario). En ''The Telegraph''. 20 de xaneiro de 2006.</ref>
 
Grierson foi [[profesor emérito]] de numismática en [[Universidade de Cambridge]] e membro do [[Gonville and Caius College]], da mesma cidade, ao longo de setenta anos. Durante a súa longa e prolífica carreira académica reuniu a colección de [[moeda]] [[Idade Media|medieval]], publicou abundantemente sobre ese asunto e situouno no punto de atención da [[comunidade científica]].<ref>"Caius and Cambridge". En ''[https://www.fitzmuseum.cam.ac.uk/aboutus/coins/events/grierson/addresses A Celebration of the Life of Philip Grierson. Programme and Full Texts]''. Museo Fitzwilliam.</ref>
Liña 45:
Grierson continuou ocupando diferentes postos salientables no ámbito universitario, como [[bibliotecario]] da universidade ([[1944]]-[[1969]]), director de estudos históricos ou [[reitor]] ([[1966]]-[[1976]]), ademais da súa actividade como [[Docente|profesor]] en diferentes graos profesionais, desde [[1938]] a [[1978]].<ref>De Callataÿ, F; Devroey, J-P. (2010). Páxina 144.</ref>
 
A vinculación docente de Grierson foi coa facultade de historia, que o nomeou profesor axudante en 1938 e titular en [[1945]]. En [[1959]] pasou a ser [[Lector|profesor lector]] de [[numismática]] e en 1971 profesor titular desa disciplina, actividade que compartiu co ensino da introdución á [[historia de Europa]] entre os [[Século V|séculos V]] e [[Século XV|XV]].<ref name="ReferenceA"/>
 
En diversos momentos foi tamén director da Real Sociedade Histórica ([[1945]]-[[1955]]), presidente da [[Royal Numismatic Society|Real Sociedade Numismática]] ([[1961]]-[[1966]]), profesor externo na [[Universidade de Oxford]] ([[1956]]-[[1957]]), e membro da Sociedade de Anticuarios (a partir de [[1949]]), da [[Academia Británica]] (a partir de [[1958]]) e da Academia Medieval de América, entre outras institucións.<ref name=":0">De Callataÿ, F; Devroey, J-P. (2010). Páxina 153.</ref><ref>"[https://numismatics.org.uk/about-the-society/presidents-of-the-society/ Presidents of the Society]". No sitio web de [[Royal Numismatic Society|''The Royal Numismatic Society'']].</ref>