Danza contemporánea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
engadidas ligazóns internas
Liña 1:
{{Atención|1=Cómpre proseguir a tradución dende [[:es:Danza contemporánea]].|data=marzo de 2015}}
{{Sen referencias|data=abril de 2015}}{{ligazóns internas}}
A '''danza contemporánea''' xorde coma unha reacción ás formas clásicas e probablemente coma unha necesidade de expresarse máis libremente co propio [[corpo]]. É unha clase de danza na que se pretende expresar, a través do [[bailarín]], unha [[idea]], un [[sentimento]], unha [[emoción]], ao igual que o [[ballet]] clásico, pero mesturando movementos corporais propios de [[século XX]] e XXI.
[[Ficheiro:Compañía de Danza Contemporánea Danzart.jpg|miniatura|Compañía de danza contemporánea.]]
A súa orixe remóntase ata finais do [[século XIX]]. Nos inicios buscábase unha alternativa á estrita técnica do [[ballet clásico]], comezaron a aparecer bailaríns danzando descalzos e realizando saltos menos ríxidos que os tradicionais no escenario. Co tempo, foron aparecendo variacións nas que a técnica clásica brillaba pola súa ausencia e ata se introducían movementos doutros estilos de [[baile]], coma movementos [[Flamenco|aflamencados]], movementos tribais, [[Acrobacia|acrobacias]], contacto físico. Ata o final da [[Segunda Guerra Mundial]], este renovado estilo de danza chamouse danza moderna, pero evolucionou dende finais dos anos 1940 en adiante levou a que se preferise a partir de entón empregar a expresión "danza contemporánea". Hoxe en día, as técnicas modernas deixan paso a unha chea de mesturas de estilos, chegándose incluso a non deixar claro a que estilo se asemella ou que patróns se segue. Dise{{quen}} que na danza contemporánea (hoxe en día) "todo vale".{{Cómpre referencia}}
 
Pódense distinguir nos inicios dúas escolas, a Americanaamericana e a Europeaeuropea.
 
Unha característica distintiva é o uso de [[multimedia]] para acompañar as [[Coreografía|coreografías]], como video[[vídeo]] e [[Imaxe|imaxes]] usados de fondo.
 
A danza clásica ten unha dramaturxia con principio, clímax e desenlace. A danza contemporánea pode seguir esta estrutura ou ben, contar historias dunha forma non lineal.
 
A danza contemporánea pode falar dun [[concepto]], propoñer un ambiente ou presentar movementos co propósito de conseguir unha [[estética]] determinada, non sempre ten que contar unha historia. Por outro lado, a danza clásica constrúese a través de pasos xa existentes e sempre codificados mentres que a danza contemporánea busca a innovación e a creación de novas formas de movemento de acordo coas necesidades do coreógrafo ou o intérprete. A danza clásica busca o preciosismo, o estruturado e perfecto, a conexión co etéreo, co celestial; máis ben está ligada ao concepto do apolíneo. A danza contemporánea busca a conexión co terreal, co humano e as súas paixóns, a non estrutura, a transgresión; está ligada ao concepto do dionisíaco.
 
== Escola americana ==
Liña 52:
 
===== François Delsarte (francés, 1811-1871) =====
Foi o inspirador da [[ximnasia]] moderna, coñecida primeiramente co nome de «ximnasia expresiva» (Bode) ou, posteriormente, «[[Ximnasia rítmica|ximnasia rítmica]]». Afirma que os estados espirituais se deben representar a través de actitudes e movementos do corpo como unidade, e non unicamente do rostro. A preocupación pola [[técnica]] é moito maior que no anterior. Divide o corpo en tres zonas variables:
* Os membros inferiores, expresan forza
* O [[torso]] e [[Brazo|brazos]], expresan o espiritual e emocional
* E a [[cabeza]]-[[colo]], o xesto, reflicten o estado mental
As súas ideas foron levadas a EUA por un dos seus discípulos, Steele Mackaye, que xunto con Genevieve Sebbins difundiron e introduciron estas ideas polas mellores escolas de Nova York.
 
As súas ideas foron levadas a [[EUA]] por un dos seus discípulos, Steele Mackaye, que xunto con Genevieve Sebbins difundiron e introduciron estas ideas nas mellores escolas de [[Nova York]].

En [[Europa]] é Hedwig Kallmeyer, alumna de Sebbins, quen difunde as súas ideas. En 1930, funda en [[Alemaña]] o Instituto de Cultura Expresiva e Corporal, onde ensina como forma de EF para a muller, o sistema de Delsarte, e con iso logra a súa inclusión na escola; ademais publica ''Beleza e saúde'', que supón unha reacción contra os movementos ximnásticos tradicionais.
 
Delsarte desenvolve as «leis do movemento harmonioso», que son:
# Lei da postura harmónica: posición equilibrada e natural como a posición de repouso perfecta das [[Estatua|estatuas]] gregas.
# Lei do movemento oposto: todo movemento esixe por principios de [[equilibrio]] un movemento oposto dos outros segmentos.
# Lei da función muscular harmónica: a forza muscular debe estar en relación directa co tamaño dos [[Músculo|músculos]].
 
{{Control de autoridades}}