Diferenzas entre revisións de «Riós»

Fernando Cabeza Quiles deixa constancia da posible procedencia do diminutivo latino “riviolos” (ríos pequenos) e outros autores tamén constatan a mesma opinión. Pola contra tampouco se desbota a posible procedencia do topónimo dunha raíz prerromana Orr- que significa “alturas, cumes” ou “vales entre montes”; en base ás formas antigas que se documentan sobre o topónimo: Urriola, Orriolos, Urriós, Orriós, en semellanza ou parecido a outros localizados en Ourense, en Galicia, en [[Sanabria]] ou no veciño Portugal, como Orras (Val de Orras), Urros, Urrós, Urroa, Orra, Orro, Orros, Órrea, Trasorras (Castroverde, Lugo), Valdorros (Burgos), Urrieta (Sanabria)…ou con Orreta que na veciña zona portuguesa de Trás-os-Montes é palabra con significado de “val entre montañas” e con Urreta (Vimioso), que tamén se refier a “val ou monte con moitos vales” Arrieta, Urieta, Ourreta, Orreta, son nomes duns trinta pequenos vales entre Portugal e Zamora, e a palabra debe querer significar o mesmo en Valdurro ([[Asturias]]) ou Valdorria ([[León]]). Despois do visto, semella caerlle mellor a vinculación do nome coa orografía local que amosa terra, val e monte.
 
O [[9 de xuño]] do ano [[2006]] Vicente Feijoo Ares, coordinador dos traballos do proxecto Toponimia de Galicia, recolleu máis de 4.200 nomes propios de aldeas, lugares, terras de cultivo, montes, vagoadas, fontes, camiños, pedras, regatos e muíñas, coa axuda dos veciños do municipio.
 
== Heráldica ==
Usuario anónimo