Walter Benjamin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
m →‎Traxectoria: Iosif Stalin
Liña 29:
De volta en Berlín en [[1920]], Benjamin traballou como escritor e xornalista, pero a súa actividade non abondaba para levar unha vida desafogada. En [[1921]] publicouse a súa tradución dos poemas de [[Charles Baudelaire]], prologada polo seu influente artigo ''Die Aufgabe des Übersetzers'' ("A tarefa do tradutor"). O ensaio ''Zur Kritik der Gewalt'' ("Crítica da violencia"), publicado tamén nese ano, obtivo unha favorable acollida. Tras fracasar no seu intento de editar unha revista chamada ''Angelus Novus'' (o título fora tomado dun cadro de [[Paul Klee]]), Benjamin trasládase a [[Frankfurt]] entre [[1923]] e [[1924]], para prepararse coa finalidade de obter o título de catedrático. Alí coñecerá a [[Theodor Adorno]] e a [[Siegfried Kracauer]].
 
En 1924, Benjamin fixo unha viaxe a [[Capri]], onde coñeceu á actriz e directora de teatro [[Asja Lacis]], unha activa [[Comunismo|comunista]] [[Letonia|letoa]], que deixou unha pegada profunda no autor e o introduciu ó [[marxismo]]. Os dous xuntos escribiron ''Neapel'' ("Nápoles"), unha viaxe de inmersión na cidade [[italia]]na. Despois da estadía en Capri, Asja volve a [[Rusia]] para reunirse co seu home. A relación amorosa con Lacis estivo chea de altibaixos, pero a pesar de tódolos contratempos mantiveron o contacto ata a deportación de Lacis a [[Siberia]] en castigo por criticar o réxime de [[Iosif Stalin|Stalin]].
 
De volta en Berlín, en [[1925]], Benjamin presentou por fin o seu traballo ''Ursprung des deutschen Trauerspiels'' ("A orixe do drama alemán") que, por non adaptarse ás convencións académicas, retirou el mesmo para evitar que fose rexeitado pola propia Universidade. En [[1926]] trasladouse a [[París]], onde traballou na tradución das obras de [[Marcel Proust]], axudado esporadicamente por [[Franz Hessel]]. O crecente interese polo comunismo e a convalecencia de Asja Lacis dun colapso nervioso levouno a trasladarse a [[Moscova]] entre [[1926]] e [[1927]]. A pesar de simpatizar co movemento comunista, Benjamin nunca participou nel activamente e adoptou un papel que el denomina de “observador de esquerdas” (Moskauer Tagebuch, ''Diario de Moscova'', p. 106).