Sindicalismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: +control autoridades using AWB
 
Liña 16:
A historia do movemento obreiro'', ou ''[[historia sindical]]'', comezou coa [[revolución industrial]] e a [[democracia]] moderna, cando a [[escravitude]] comezou a ser abolida legalmente e o [[traballo asalariado]] a xeneralizarse. De cotío adoita poñerse como precedente a [[Revolución Francesa]], que provocou a quebra do sistema feudal e o recoñecemento por primeira vez de certos dereitos da clase operaria.
 
Durante máis dun século a acción colectiva dos traballadores (sindicatos, folgas, convenios colectivos) foi comunmente considerada como un crime. Foi en Europa, e máis concretamente en [[Inglaterra]], onde apareceron os primeiros movementos obreiros, como o [[ludismo]] conducido por [[Ned Ludd]] (rompedores de máquinas) (1810-1811).
 
En 1824, pola forte presión popular, o parlamento británico derogou [[Combination Acts]], leis que prohibían as organizacións obreiras. En 1829 [[Robert Owen]], un dos fundadores do [[socialismo]] moderno, creou as primeiras [[cooperativa]]s, que eran sociedades industriais de traballadores.
 
===O nacemento dos sindicatos===
Na década de 1830 aparecen as primeiras organizacións obreiras agrupando, ós traballadores segundo o seu oficio. En Inglaterra tomaron o nome de '''[[trade-unions]]''' (literalmente ''unións de comercio'') ou simplemente '''unións'''. En 1829 [[John Doherty]] fundou a "Grande Unión dos Tecedores de Algodón de Gran Bretaña" e a primeira central sindical de tódolos oficios da historia: a "Asociación Nacional para a Protección do Traballo". Agrupaba 150 sindicatos con 100.000 membros. Publicou o histórico periódico obreiro: "A Voz do Pobo".
 
En [[Francia]] o sindicalismo aparece tamén na década de 1830, coas primeiras crises económicas. Adopta o nome de '''syndicat''' (sindicato), que quere dicir tamén ''unión''. Foron obreiras francesas as primeiras en organizarse contra as condicións de explotación nos serradoiros de [[Bordeos]] e nas fábricas téxtiles de [[Lión]].
 
Namentres París, Lión e [[Irlanda]] eran testemuñas de levantamentos obreiros agudizados pola grave crise económica do momento, en Inglaterra [[abolición da escravitude|abolíase a escravitude]], proceso que levou de 1833 a 1838.
 
En xuño de 1836 a Asociación de Traballadores de Inglaterra elaborou a [[Cartismo|Carta do Pobo]], esixindo o voto universal e segredo. Foron coñecidos como os [[cartismo|cartistas]]. Durante algúns anos o movemento dos traballadores recibiu a influencia de diversos ideólogos que se ocuparon de estudar e investigar a situación dos traballadores. Entre eles estaban [[Friedrich Engels]], que escribiu ''The Condition of the Working Class in England in 1844'' (en galego, "A Situaciónsituación da Claseclase Obreiraobreira en Inglaterra en 1844"), baseándose nos datos e a convivencia co movemento "Cartista".
 
A partir da década de 1840 os alemáns [[Karl Marx]] e Friedrich Engels instaláronse en Inglaterra e deron orixe a un particular pensamento obreiro, o [[marxismo]] ou [[socialismo científico]], que foi seguido en todo o mundo. Contemporaneamente o ruso [[Mikhail Bakunin]] e o francés [[Pierre Joseph Proudhon]] sentaron as bases do [[anarquismo]] e do [[anarcosindicalismo]].