Movemento obreiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Xeografía e historia}}
Sen resumo de edición
Liña 5:
As primeiras reaccións contra a [[industrialización]] foron espontáneas e instintivas, sobresaíndo o [[ludismo]], que era un movemento que estaba en contra das máquinas xa que os obreiros crían que estas eran as causantes do seu desemprego e dos seus escasos salarios.
 
Amais, apareceron movementos asociacionistas que querían enfrontarse aos patróns. Aínda que en [[Gran Bretaña]], dende 1825, estivesen prohibidas as asociacións obreiras xurdiron os primeiros [[sindicato]]s (''[[Trade unions|trade unions]]'') que pretendían conseguir melloras salariais e unha redución da xornada laboral.
 
O primeiro movemento obreiro ben organizado e cuns obxectivos políticos foi o [[cartismo]], moi popular en Gran Bretaña entre 1838 e 1848 que defendía uns dereitos laborais e políticos na chamada Carta do Pobo (aumentos salariais, redución da xornada laboral, [[sufraxio universal]], voto secreto etc.).