Alexandra Kollontai: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
m →‎Traxectoria: Iosif Stalin
Liña 37:
Alexandra Kollontai quedou marxinada e perdeu a súa influencia política. En [[1923]] pasou ó servizo diplomático. Foi nomeada embaixadora da [[Unión Soviética]] (primeira muller embaixadora da historia) en [[Noruega]] e posteriormente en [[Suecia]] e [[México]]. Tamén formou parte da delegación soviética na [[Liga das Nacións]]. Este exilio dourado salvouna primeiro das deportacións acontecidas a partir de [[1927]], que afectaron entre outros ós seus compañeiros da ''Oposición Obreira'' e á ''Oposición de Esquerda'' e logo, na década seguinte, salvouna de morrer executada cando, un a un, os antigos dirixentes bolxeviques correron esa sorte.
 
Entre tanto, [[Iosif Stalin|Stalin]], aínda que apreciaba o papel das mulleres, revogou parte das medidas que lles garantían a plena igualdade e a súa emancipación completa. Foron penalizados novamente a [[homosexualidade]] ([[1934]]) e o aborto ([[1936]]), reactivouse a propaganda a favor da familia, reintroduciuse a educación separada entre os sexos. Por outro lado, o divorcio non se prohibiu, pero cobrábase polos trámites, facéndoo moito máis difícil; ademais, a moral tradicional volveu a imporse nas relacións familiares e persoais. Foi só a masiva participación das mulleres soviéticas na guerra contra o [[nazismo]] o que lles devolveu os dereitos conculcados.
 
== Obra traducida ao galego ==