Andreu Nin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
m →‎Traxectoria: Iosif Stalin
Liña 9:
 
No pleno nacional da [[CNT]] celebrado o [[28 de abril]] de [[1921]], foi elixido delegado para asistir ao terceiro congreso da [[III Internacional]] e ao congreso fundacional da [[Internacional Sindical Vermella]] ([[Profintern]]), converténdose nun personaxe clave de ambas internacionais (mentres tanto, en [[1922]], a [[CNT]] abandonara a [[III Internacional]]).
Viviu durante un tempo en [[Moscova]], onde pertenceu ao equipo de [[Lev Trotski]] durante un tempo. A partir de [[1926]], pertenceu á [[Oposición de Esquerdas]] dirixida por Trotski para opoñerse ao ascenso de [[Iosif Stalin|Stalin]] dentro do [[Partido Comunista da Unión Soviética]], tendo que abandonar a [[URSS]] en [[1930]].
 
Á súa chegada a España, Nin foi clave na formación dun grupo de orientación bolxevique-leninista, a [[Izquierda Comunista de España]] (maio de 1931), grupo afiliado á [[Oposición de Esquerdas Internacional]], publicando tamén o xornal ''El Soviet''. Con todo, a “[[Izquierda Comunista]]” era un grupo pequeno e illado. Nesta época, houbo diverxencias con Trotski, especialmente cando lle aconsellou que o seu partido se integrase nas [[Juventudes Socialistas]] para aumentar as forzas á súa disposición.