Os cogomelos na cultura popular galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 4:
A seguir recóllese a pegada dos diferentes tipos de '''[[cogomelo]]s na cultura popular galega''', na etnografía e na literatura de transmisión oral.
 
==Terminoloxía tradicional na lexicografía galega==
O que aparece no [[DRAG]] son maioritariamente expresións monolexicais para grupos [[Especie (bioloxía)|supraespecíficos]], tanto cultismos ('''amanita, cantarelo, lepiota, penicilio, volvaria''' e '''asperxilo'''), como máis patrimoniais ('''boleto, cacabina, champiñón, peido de lobo''' ou '''fungón''' e '''trufa'''), como un sinónimo de cada tipo ('''agárico''' ou '''cogorda'''). Hai porén denominacións para especies, como '''[[níscaro]]''' (''[[Lactarius deliciosus]]''), a '''manita''' (''Clavaria crispa''), o '''[[carallán]]''' (''[[Phallus impudicus]]''), o '''[[tortullo]]''' (''[[Tricholoma portentosum]]''), e o '''[[chouparro]], [[choupín]]''' ou '''[[roco]]''' (''[[Macrolepiota procera]]''), que pode ser '''cogordo''' ou '''cerrote''' se ten o sombreiro pechado ou '''patamela''' se está aberto.