Os cogomelos na cultura popular galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
A seguir recóllese a pegada dos diferentes tipos de '''[[cogomelo]]s na cultura popular galega''', na etnografía e na literatura de transmisión oral.
 
==Terminoloxía na lexicografía galega==
O que aparece no [[DRAG]] son maioritariamente expresións monolexicais para grupos [[Especie (bioloxía)|supraespecíficos]], tanto cultismos ('''amanita, cantarelo, lepiota, penicilio, volvaria''' e '''asperxilo'''), como máis patrimoniais ('''boleto, cacabina, champiñón, peido de lobo''' ou '''fungón''' e '''trufa'''), como un sinónimo de cada tipo ('''agárico''' ou '''cogorda'''). Hai porén denominacións para especies, como '''[[níscaro]]''' (''[[Lactarius deliciosus]]''), a '''manita''' (''Clavaria crispa''), o '''[[carallán]]''' (''[[Phallus impudicus]]''), o '''[[tortullo]]''' (''[[Tricholoma portentosum]]''), e o '''[[chouparro]], [[choupín]]''' ou '''[[roco]]''' (''[[Macrolepiota procera]]''), que pode ser '''cogordo''' ou '''cerrote''' se ten o sombreiro pechado ou '''patamela''' se está aberto.
 
Respecto ós patóxenos que non crean cogomelos, están representados especialmente os que atacan a viña e os cereais: a '''mera'''; o '''[[oídio]]'''; o '''[[mildio]]'''; o '''borro'''; a '''potra'''; o '''cisco''', '''morrión''' ou '''mourón'''; e o '''caruncho''', '''[[cornizó]]''' ou '''dentón'''.
 
Nos outros repertorios non académicos, están entre outra moitas as seguintes locucións:
* corno dos mortos (DGII, s. v. corno) para ''[[Craterellus]]'' sp.
* dente de can (DE, s. v. dente) para o [[cornizó]], ''Claviceps purpurea''
* hernia da col (DGII, s. v. hernia) para ''Plasmodiophora brassicae''
* lingua de boi (DGII, s. v. lingua) para ''[[Fistulina hepatica]]''
* lingua de ovella (DGII, s. v. lingua) para ''[[Hydnum repandum]]'', ''Sarcodon imbricatum'' e ''Pseudohydnum gelatinosum''
* ollo de galo (DGII, s. v. ollo) para ''Mycena citricolor''
* ovo de raposa (GDXL, s. v. ovo)
* pan de bobo (DE, s. v. pam)
* pan de raposo (DE, s. v. pam)
* pan de sapo (DE, s. v. pam)
* pé azul (DGII, s. v. pé) para ''[[Tricholoma|Tricolomataceae]]'' spp.
* pé de rata (DGII, s. v. pé) para ''[[Basidiomicetos|Basidiomicetae]]'' spp.
* pedra do trigo (GDXL, s. v. pedra)
* pementa do monte (DGII, s. v. pementa) para ''[[Agaricales]]'' spp.
* pementeiro veludo (DGII, s. v. pementeiro) para ''Russula'' sp. (pode ser a '''[[Russula virescens|netorra]]''')
onde (DE) = Dicionário Estravíz ; (DGII) = Dicionario Galego de Ir Indo en digalego.com; e (GDXL) = Gran Diccionario Xerais da Lingua de 2000.
 
== Locucións ==
* ter fungos: ter mal carácter (DE, s.v. fungo)
* crecer coma fungos: medrar por todas partes
* ser un funga na cinza (posiblemente de fungar): ser pouco decidido, con pouco valor ou ánimo, facilmente manipulable (DCEFFG, s. n. 73)
 
==Refraneiro popular==