Clarinete: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engadidas ligazóns internas e corrixidas algunhas grallas
→‎Construción: engadidas máis ligazóns internas e corrixidas máis grallas
Liña 67:
=== Materiais ===
 
Os corpos dos clarinetes foron construídos con diversas clases de materiais como son a [[madeira]], o [[plástico]], o [[Caucho|caucho duro]], os [[Metal|metais]] e incluso o [[marfil]]. A gran maioría dos clarinetes utilizados na actualidade por clarinetistas profesionais están feitos dunha madeira africana chamada ''mpingo'', de nome científico [[''dalbergia melanoxylon'']]. Algunha vez, por mor da diminución dosdas subministracións, foron utilizados o [[''pau rosa''|Rosewood]] de [[Honduras]] e incluso o [[dalbergia retusa|''cocobolo'']] (''dalbergia retusa''). Tamén a madeira de [[''buxus'']] foi usada para a construción deste instrumento.
 
Na actualidade, para facer instrumentos máis económicos, constrúense con [[Resina|resinas]] plásticas, como as ABS. Son os chamados "resonite" que é o nome que lle outorgou a empresa fabricante de instrumentos ''Selmer''. Os clarinetes soprano feitos en metal foron populares durante o [[Século XX|século XX]]. Hoxe en día este material é utilizado para a construción dalgúns clarinetes contraltos e contrabaixos, e para algunhas pezas, como as campás e os pescozos, dos clarinetes altos e baixos. O marfil foi usado durante o século XVIII para a construción do clarinete, pero daba malos resultados, xa que tendía a agrietarseagretarse e non gardaba ben a súa forma.
 
A liña de clarinetes "Greenline" da casa francesa [[Buffet Crampon]] estánestá feitosfeita dun composto de pó de madeira de ''mpingo'' e fibra de carbono. O bo deste material é que sofre menos pola [[humidade]] e polos cambios de temperatura que os que están feitos de madeira, pero pesan máis. O caucho endurecido, como a [[ebonita]], utilizouse para a construción de clarinetes desde 1860, aínda que poucos clarinetes actuais están feitos da mesma. Os deseñadores de clarinetes Alastair Hanson e Ridenour Tom son fortes defensores da goma dura. A casa Hanson de Inglaterra fabrica clarinetes utilizando un composto reforzado con ''mpingo'' e ebonita, coñecido por ''mpingo'' "BTR" (bitérmica reforzada). Este material non se ve afectadaafectado tampouco pola humidade e o peso é o mesmo do que o dun clarinete de madeira.
 
As boquillas son, polo xeral, feitas de caucho endurecido, inda que algunhas para seren máis económicas poden ser de plástico. Outros materiais como o [[cristal]], a madeira, o marfil, o metal foron tamén usados para a construción das mesmas. As abrazadeiras, que son os aros que envolven a boquilla para suxeitalasuxeitar a cana, fanse, polo xeral de metal e chapadas en [[níquel]], [[prata]] ou [[ouro]]. Tamén poden ser feitas de [[arame]] ou malla de arame, de plástico, de corda ou [[coiro]].
 
=== Cana ===
[[Ficheiro:Klarinet-jeziček.jpg|miniatura|[[palleta|Canas]].]]
 
O clarinete usa unha soa [[palleta|cana]] (ou [[palleta]]). Está feita a partir da [[Arundo donax|cana común]] (''Arundo donax''). Tamén poden ser fabricadas con materiais sintéticos. A abrazadeira é a peza que liga a cana coa boquilla. Ao soprar ar a travesotravés da abertura entre a cana e a boquilla, fai que a cana comece a vibrar para equilibrar as diferentes presións creadas e é así como se produce o son.
 
As medidas básicas das canas son as seguintes: 12 [[Milímetro|milímetros]] de ancho, 15 milímetros de longo (desde a punta até o lugar onde toca coa boquilla) e de 1 milímetro desde a parte inferior da punta da cana e a boquilla. As variacións nestas medidas son as que afectan ao ton da cor do son.
 
A maioría dos clarinetistas mercan canacanas fabricadas, aínda que haxa logo que axustalas. Outros incluso as fan. No mercado véndense segundo o grao de dureza, que polo xeral van do grao un (moi brando), até o grao cinco (moi duro) e con variacións cada 0.5, polo tanto existen: 1, 1.5, 2, 2.5, 3, 3.5, 4, 4.5 e 5. Este sistema de numeración non está estandarizado, xa que hai moitas variacións no seu grao de dureza para unha mesma numeración dependendo da casa fabricante ou incluso entre as fabricadas nunha mesma empresa.
 
=== Compoñentes ===
Liña 96:
A cana achégase á boquilla pola abrazadeira. O clarinetista mete na boca parte dela, cousa dun centímetro. Chámaselle embocadura ao conxunto destas tres pezas maila boca, e é fundamental o seu correcto desenvolvemento para obter un bo resultado sonoro.
 
A cana sitúase na parte inferior da boquilla, premendo contra o beizo inferior do músico, mentres que os dentes de arriba normalmente están en contacto coa parte superior da boquilla (algúns clarinetistas envolven co [[beizo]] superior os [[Dente|dentes]] formando o chamado dobre beizo na embocadura). Para mellorar o agarre dos dentes na parte superior da boquilla, utilízanse unhas láminas de plástico mol de diferentes grosores, para acomodar os dentes. Na parte inferior, algúns clarinetistas, colocan papel dobrado recubrindo os dentes para aliviar a rozadura que se produce na parte interna da [[boca]] por suxeitar a boquilla co beizo de por medio.
 
== Detalles ==
Liña 104:
Ampliou o timbre do chalumeau e estendeu considerablemente a súa gama alta. O clarinete está afinado en si bemol mentres que o clarinete tenor en mi bemol está afinado unha cuarta máis alta (as bandas militares utilizaban esporadicamente clarinetes en do e en re). O instrumento máis agudo da familia é o [[requinto]], igualmente transpositor en si bemol, pero soa unha oitava máis aguda.
 
O clarinete tenor en fa e o clarinete baixo están afinados unha cuarta e unha oitava máis baixa, respectivamente. O clarinete contrabaixo está afinado dosdúas oitavas máis baixas.
 
Igual que os [[óboe]]s, os clarinetes séguense fabricando en madeiras duras e escuras (como o [[ébano]]), aínda que os clarinetes baixos e contrabaixos tamén levan unha cantidade considerable de tubos e pavillóns metálicos. De tonalidade suave, os clarinetes distínguense dentro dos [[instrumentos de vento]] pola súa capacidade para producir un son igualmente potente en calquera parte da súa gama, extraordinariamente ampla (máis de 3 ½ oitavas) así como un son notablemente suave na parte baixa da gama.