Diferenzas entre revisións de «Carádridos»

A gran maioría dos carádridos son monógamos. Algúns, como ''[[Vanellus vanellus]]'' (avefría), son [[políxino]]s, outros, como o ''[[Charadrius moontanus]]'' ten un sistema de múltiples postas rápidas que pode ir acompañado de poliandria secuencial. En ''[[Charadrius morinellus]]'', as femias compiten polos machos e os machos proporcionan todos os coidados parentais ás crías.<ref name=":0">{{Cite book|title=[[Handbook of the Birds of the World]]. Volume 3, Hoatzin to Auks|last=Piersma|first=Theunis|publisher=Lynx Edicions|year=1996|isbn=84-87334-20-2|editor-last=del Hoyo|editor-first=Joseph|location=Barcelona|pages=400–401|chapter=Family Charadriidae (Plovers)|quote=|editor-last2=Elliott|editor-first2=Andrew|editor-last3=Sargatal|editor-first3=Jordi|via=}}</ref> Cando están reproducíndose, defenden os seus territorios con exhibicións aéreas visibles.<ref name="EoB" />
 
Poñen de dous a catro ovos no niño, que adoita ser unha escavación pouco profunda en campo aberto, e incuban a posta durante de 21 a 30 días.<ref name=":0" /> En especies nas que ambos os proxenitores incuban os ovos, as femias e os machos varían na maneira en que comparten as tarefas de incubación, tanto dentro dunha especie coma entre especies. Nalgunhas parellas, os proxenitores intercámbianse no niño pola mañá e ao serán para facer unha incubación ininterrompida durante as 24 horas, noutras as femias e machos intercámbianse facendo quendas unhas 20 veces ao día.<ref>{{Cite journal|last=Bulla|first=Martin|last2=Valcu|first2=Mihai|last3=Dokter|first3=Adriaan M.|last4=Dondua|first4=Alexei G.|last5=Kosztolányi|first5=András|last6=Rutten|first6=Anne L.|last7=Helm|first7=Barbara|last8=Sandercock|first8=Brett K.|last9=Casler|first9=Bruce|title=Unexpected diversity in socially synchronized rhythms of shorebirds|url=http://doi.org/10.1038/nature20563|journal=Nature|volume=540|issue=7631|pages=109–113|doi=10.1038/nature20563}}</ref>
 
Son aves que protexen moito os seus ovos e crías. Os proxenitores protexen os pitos emitindo unha chamada de alarma, realizando unha [[exhibición de distración]] e mesmo poden atacar o predador ou intruso. Os pitos son precoces e non son alimentados polos pais.
177.352

edicións