George S. Patton: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 125:
{{VT|Operación Torch|Campaña de Tunisia}}
[[Ficheiro:George S. Patton 05.jpg|miniatura|dereita|Patton xunto a un carro de combate [[M2]] en [[Tunisia]]]]
Baixo as ordes do xeneral [[Dwight D. Eisenhower]], Patton foi asignado para axudar a planear a invasión [[Aliados da Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial|aliada]] do norte de África como parte da [[Operación Torch]] no verán de 1942.{{sfn|Brighton|2009|pp=117–119}}{{sfn|Axelrod|2006|pp=88–90}} Comandou a Forza Blindada Occidental, que constaba de 33&nbsp;000 homes en 100 barcos, nos desembarcos centrados en [[Casablanca]], [[Marrocos]], o 8 de novembro de 1942. Alí atoparon a oposición das forzas da [[Francia de Vichy]], mais os homes de Patton conseguiron unha [[cabeza de praia]] con rapidez e presionaron as forzas inimigas. Casablanca caeu o 11 de novembro, e Patton negociou un [[armisticio]] co xeneral francés [[Charles Noguès]].{{sfn|Axelrod|2006|pp=91–93}}{{sfn|Brighton|2009|pp=165–166}} O [[Mohammed V de Marrocos|Sultán de Marrocos]] quedou impresionado e outorgoulle a Patton a distinción da [[Orde de Ouissam Alaouite]], coa cita "''Les Lions dans leurs tanières tremblent en le voyant approcher''" (Os leóns nas súas goridas tremen cando se aproxima).<ref name="Edey">{{cita libro|apelidos=Edey |nome=Maitland A. |título=Time Capsule 1943 |editorial=Littlehampton Book Services |ano=1968 |isbn=978-0705402705|pp=60, 160-166}}</ref> Patton supervisou a conversión de Casablanca nun porto militar e foi o anfitrión da [[Conferencia de Casablanca]] en xaneiro de 1943.{{sfn|Axelrod|2006|pp=94}}
 
O 6 de marzo de 1943, trala derrota do 2º Corpo dos Estados Unidos sufrida na [[batalla do Paso de Kasserine]] perante os [[Afrika Korps]] alemáns comandados por [[Erwin Rommel]], Patton substituíu o xeneral [[Lloyd Fredendall]] como comandante xeneral do 2º Corpo e foi ascendido a tenente xeneral. Posteriormente reasignou a [[Omar Bradley]] ó seu Corpo como comandante adxunto.<ref>{{cita libro|apelidos=Blumenson |nome=Martin |título=Patton: The Man Behind the Legend |isbn=978-0-688-13795-3 |editorial=William Morrow and Company |lugar=Nova York |ano=1985|p=182}}</ref> Con ordes de levar a formación de novo cara á fronte nun tempo de 10 días, Patton introduciu varios cambios drásticos no Corpo, ordenándolles ós seus soldados que levasen uniformes limpos e completos, establecendo horarios rigorosos e requirindo a estrita adherencia ó protocolo militar. Paseaba continuamente polo posto de mando falando e presionando os seus homes, procurando "moldealos" en soldados eficientes.{{sfn|Axelrod|2006|pp=96–97}}