Lenin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Iosif Stalin
Liña 32:
Como líder da [[bolxeviques|facción bolxevique]] do [[Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso]], tivo un papel principal na orquestración da [[Revolución de Outubro|Revolución de Outubro en 1917]], que o levou ao derrocamento do goberno provisional ruso e o establecemento da [[República Socialista Soviética Federativa de Rusia]], o primeiro [[Estado]] [[Constitución|constitucionalmente]] [[Socialismo|socialista]] do mundo. Inmediatamente despois, Lenin procede a aplicar as reformas socialistas, incluíndo a transferencia de propiedades e terras da coroa aos [[soviet|soviets de traballadores]]. Fronte á ameaza da invasión alemá, argumentou que Rusia debía [[Tratado de Brest-Litovsk|asinar de inmediato un tratado de paz]], o cal conduciu á saída dos rusos da [[primeira guerra mundial]]. En [[1921]] Lenin propuxo a [[Nova Política Económica]], un sistema de capitalismo de Estado co que comezou o proceso de industrialización e recuperación da [[guerra civil rusa]]. En [[1922]], a R. S. S. F. de Rusia uniuse aos antigos territorios do [[Imperio Ruso]] formando a [[Unión Soviética]]. A facción bolxevique converteuse máis tarde no [[Partido Comunista da Unión Soviética]].
 
Como político, Lenin era un orador carismático e convincente. Como [[intelectual]] os seus amplos desenvolvementos teóricos e [[filosofía|filosóficos]] do marxismo produciron o [[marxismo-leninismo]], unha aplicación pragmática rusa do marxismo que fai fincapé no papel fundamental desempeñado por unha vangarda política comprometida e disciplinada no proceso revolucionario, defendendo a posibilidade dunha revolución socialista nos países [[capitalismo|capitalistas]] menos desenvolvidos a través dunha alianza do proletariado co campesiñado rural. Lenin segue a ser hoxe en día unha figura controvertida en todo o mundo. Os seus críticos táchano de ditador, tese contrarrestada polos seus partidarios aducindo as limitacións do seu poder e considerándoo un heroe da [[clase obreira]]. Tivo ademais unha grande influencia no movemento marxista-leninista, que dende a súa morte evolucionou nunha gran variedade de escolas de pensamento como o [[Iosif Stalin|estalinismo]], o [[maoísmo]] ou o [[trotskismo]].
 
== Mocidade ==