Océano Pacífico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 113:
[[Ficheiro:Pacific Ocean surface 2.jpg|miniatura|dereita|200px]]
[[Ficheiro:Pacific Ocean surface 1.jpg|miniatura|esquerda|200px]]
A conformación das cuncas do Pacífico explica a relativa simplicidade das correntes mariñas que aí inciden. As temperaturas das augas de superficie no Pacífico dispóñense en zonas, aumentando dos polos cara os trópicos, estas varían desde o punto de conxelación preto dos polos a uns [[Celsius|29º Celsius]] preto do [[ecuador]]. A circulación superficial das augas do Pacífico é xeralmente no sentido dosdas punteirosagullas do reloxo no [[hemisferio norte]] e no contrario no [[hemisferio sur|sur]]. As correntes norte-ecuatorial e sur-ecuatorial móvense de leste para oeste, determinando a existencia de correntes quentes ao longo das fachadas orientais dos continentes, compensadas por correntes frías que descenden para o [[Ecuador terrestre|ecuador]] ao longo das fachadas occidentais. Nas latitudes medias, as correntes quentes atópanse coas augas frías provenientes das rexións polares. Tal fenómeno é particularmente claro no [[hemisferio norte]] occidental, onde a [[corrente ecuatorial do norte]], circula cara ao oeste na latitude de 15º N polos [[ventos alisios]], xira cara ao norte preto das Filipinas para converterse na cálida [[corrente de Kuroshio]], quente, que se encóntra coa [[corrente de Oyashio]], fría, ao longo da costa oriental do [[Xapón]] formando a [[corrente do Pacífico Norte]]. Virando cara ao leste a uns 45º N, a corrente do Pacífico Norte divídese e algunhas augas móvense cara ao norte como a [[corrente das Aleutianas]], mentres que o resto móvense cara ao sur para reunirse co corrente ecuatorial do norte. A corrente das Aleutianas divídese ao aproximarse a Norteamérica e forma a base dun xiro en contra dosdas punteirosagullas do reloxo no [[mar de Bering]]. O seu brazo sur convértese na lenta corrente de California, que flúe cara ao sur.
 
A [[corrente ecuatorial do sur]], que flúe cara ao oeste ao longo do ecuador, xira cara á o sur, ao leste de Nova Guinea, despois vira ao leste a uns 50 graos de latitude sur, e únese á corrente de circulación principal cara ao oeste do Pacífico Sur, que inclúe a [[corrente circumpolar antártica]] que dá a volta á Terra. Ao aproximarse á costa de Chile, a corrente ecuatorial do sur divídese; unha rama flúe ao redor do Cabo de Fornos e a outra xira ao norte para formar a [[corrente de Humboldt]].