Diferenzas entre revisións de «Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella»

 
A [[Operación Paso do Estreito]] é un grupo especial no que participan voluntarios da Cruz Vermella para ofrecer axuda social, axuda médica e actividades lúdicas na gardería aos máis de 1000 inmigrantes africanos que cruzan o [[Estreito de Xibraltar]] durante as vacacións de verán para volver ao seu país de orixe. As quendas dos seus voluntarios realízanse de mañá, tarde ou noite; cada un de 5 horas, durante tres semanas. Preferiblemente, durante dúas semanas a principios de inverno e outra ao final. Non se pode facer nada por iso.
== Controversia ==
 
=== Uso do emblema da CICR na Operación Xaque ===
 
[[Ficheiro:Bogota sede de la Cruz Roja Internacional.JPG|miniatura|Sede da Cruz Vermella no norte de [[Bogotá]], a capital de [[Colombia]].]]
 
A [[Operación Xaque]] foi un operativo militar colombiano, no cal se pretendía o rescate de [[Íngrid Betancourt]], 3 mercenarios estadounidenses, 4 policías e 7 militares; a polémica desatouse cando a cadea de noticias [[CNN]] declarou que os militares usaran o emblema da Cruz Vermella durante a operación.<ref>{{cita web|url=http://edition.cnn.com/2008/WORLD/americas/07/15/colombia.red.cross/index.html#cnnSTCText|título=Colombian military used Red Cross emblem in rescue|dataacceso=2 de setembro de 2012|idioma=en}}</ref>
 
A polémica acabou cando o presidente admitiu o feito e asumiu a súa responsabilidade política. Nun comunicado de prensa, o CICR afirma tomar nota da declaración feita polo presidente colombiano para lembrar que o uso do emblema "está especificamente regulamentado polos Convenios de Xenebra e os seus Protocolos adicionais". O Comité Internacional de Cruz Vermella pediu respecto e condenou o "uso abusivo" das súas insignias.{{cómpre referencia}}
 
Con referencia ao uso do emblema, varios medios de comunicación lembraron que segundo as normas do Dereito Internacional Humanitario, o seu emprego en operacións que non sexan humanitarias considérase "[[perfidia]]" porque constitúe unha violación dos Convenios de Xenebra. Debe ademais ser sancionado nos [[Tribunal internacional|tribunais internacionais]] como "[[Crime de guerra|delito de guerra]]".
 
== Notas ==
107.241

edicións