Reino Unido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 96:
Despois da derrota de Francia nas guerras revolucionarias e [[guerras napoleónicas|napoleónicas]] ([[1792]]-[[1815]]), o Reino Unido xurdiu como a principal potencia naval e económica do [[século XIX]] (con [[Londres]] como a cidade máis grande do mundo entre [[1830]] e [[1930]]) manténdose como unha das primeiras potencias até mediado o [[século XX]]. [[Royal Navy|Invicta no mar]], Gran Bretaña adoptou o papel de policía global, un estado das cousas máis tarde coñecido como a ''Pax Britannica''. Tamén foi un período de rápidos crecemento [[economía|económico]], [[Imperio Británico|colonial]] e [[industria]]l. Gran Bretaña foi descrita como o "taller do mundo", e o [[Imperio Británico]] expandiuse para incluír á [[India]], gran parte de [[África]], e moitos outros territorios en todo o mundo. Xunto co control formal que se exerce sobre as súas propias colonias, a posición dominante de Gran Bretaña no comercio mundial significou o seu control efectivo sobre a economía de outros moitos países, como a [[China]], [[Arxentina]] e [[Tailandia]]. No plano interno, produciuse un cambio ao [[libre comercio]]. O país experimentou un aumento enorme poboación durante o século, acompañado dunha rápida urbanización, o que resultou en importantes tensións sociais e económicas. A finais do século, outros estados comezaron a desafiar o dominio industrial de Gran Bretaña.
 
O Reino Unido, xunto co [[Imperio Ruso]], [[Francia]] e,despois de 1917, os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], foi unha das grandes potencias que se opuxeron ao [[Imperio Alemán]] e [[Potencias Centrais|os seus aliados]] na [[Primeiraprimeira Guerraguerra Mundialmundial]] ([[1914]]-[[1918]]). Despois da contenda, o país sufriu un número estimado de dous millóns de mortes e terminou cunha enorme débeda nacional. Despois da guerra o Reino Unido recibiu o control da [[Liga das Nacións]] sobre as ex-colonias alemás e [[Imperio Otomán|otomás]], polo que o Imperio Británico ampliouse até a súa maior extensión, que abarcaba unha quinta parte da superficie mundial e un cuarto da súa poboación. Con todo, o auxe do [[nacionalismo irlandés]] e as disputas sobre os termos da Acta de Goberno de Irlanda, nos termos da autonomía irlandesa, levaron finalmente á partición da illa en [[1921]], no independente [[Estado Libre Irlandés]] e en [[Irlanda do Norte]], parte do Reino Unido. Como resultado disto a nomenclatura do Reino Unido foi cambiada en [[1927]] adoptando o actual nome de Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte. A [[Gran Depresión]] ([[1929]]-[[1932]]) produciuse nun momento no que o Reino Unido aínda estaba lonxe de recuperarse dos efectos da guerra, o que levou a unha inestabilidade política e social.
 
O Reino Unido foi unha das principais forzas dos [[Aliados da Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial|aliados]] na [[Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial]]. Despois da derrota dos seus aliados europeos no primeiro ano da guerra, o Reino Unido continuou loitando contra [[Alemaña nazi|Alemaña]], sobre todo na [[Batallabatalla de Inglaterra]] e na do [[Océano Atlántico|Atlántico]]. Despois da vitoria, o Reino Unido foi un dos tres grandes poderes que se reuniron para planear o mundo da posguerra. A guerra deixou de novo ao Reino Unido financeiramente danado. Con todo, a axuda do [[Plan Marshall]] e os préstamos dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e [[Canadá]], axudaron aos británicos a comezar a súa recuperación.
 
O goberno [[Partido Laborista (Reino Unido)|laborista]] dos primeiros anos da posguerra iniciou un programa radical de cambios que tiveron un impacto significativo na sociedade británica durante as seguintes décadas. No plano interno, as principais industrias e empresas de servizos públicos foron [[nacionalización|nacionalizadas]], foi establecido un [[estado social]], cun amplo sistema de financiamento público da saúde. En resposta á aparición de [[Nacionalismo|nacionalismos locais]], iniciouse unha política de descolonización coa concesión da independencia á [[India]] e [[Paquistán]] en [[1947]]. Durante o próximas tres seguintes décadas a moitos dos territorios do Imperio obtiveron a súa independencia, e algúns convertéronse en membros soberanos da [[Mancomunidade Británica de Nacións]].