Diferenzas entre revisións de «Lacipo»

m
Arranxos varios
m (Arranxos varios)
 
A '''cidade romana de Lacipo''', situada no concello de [[Casares, Málaga|Casares]] (na [[provincia de Málaga]], [[España]]), na zona coñecida como El Torreón, é practicamente unha atalaia sobre unha vía de penetración importante, desde a costa ao interior, en [[Imperio Romano|época romana]]. A súa situación estratéxica, convértena nun importante enclave de control, que dominaba a vía de penetración do val cara ao interior das actuais provincias de [[provincia de Cádiz|Cádiz]] e [[Provincia de Málaga|Málaga]], e, polo tanto, ao controlar as zonas altas, dominaba tamén boa parte destas dúas provincias.
 
As primeiras referencias a Lacipo documéntanse a través dos escritos dos xeógrafos grecolatinos, e [[Plinio o Vello]] e [[Pomponio Mela]] fan corresponder Lacipo ó Convento Xurídico Gaditano, como cidade tributaria.
 
== Escavacións arqueolóxicas ==
En [[1975]] e [[1976]], Lacipo foi obxecto de escavaciones arqueolóxicas que demostraron a existencia dun recinto amurallado, en cuxo interior se localizaron restos de diversas estancias que parecen estar en función da muralla, encostadas ou xustapostas unhas a outras, sen que se evidencie un trazado ortogonal; constatouse a existencia de dous alxibes, o que demostra a carencia de auga nesta zona. Así mesmo, acháronse os restos dun grande edificio de carácter público, e púidose constatar un nivel de enterramento hispano-visigodo.
 
Ademais, atopáronse numerosos materiais, hoxe depositado no Museo Arqueolóxico Provincial de Málaga. Os resultados das investigacións arqueolóxicas permiten concluír que é un recinto colectivo de marcado carácter militar, cuxa cronoloxía se establecería entre os [[século -I|séculos I a. C.]] ao [[século I]], podéndose prolongar ata o [[século II]], asentándose a necrópole hispano-visigoda unha vez que as edificacións estaban en desuso.
393.002

edicións