Leopoldo V de Austria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎A terceira Cruzada: Arranxos varios
Liña 10:
É lembrado principalmente fóra de Austria pola súa participación na [[terceira cruzada]]. Chegou para tomar parte no [[sitio de Acre]] na primavera de [[1191]], navegando dende [[Zadar]] na costa do [[Mar Adriático]]. Púxose ó mando do que quedaba das forzas imperiais logo da morte de [[Federico VI de Suabia]] en xaneiro dese ano.
 
Despois da rendición de Acre, as bandeiras do [[Reino de Xerusalén]], [[Ricardo I de Inglaterra]], [[Filipe II de Francia]] e Leopoldo foron izadas na cidade polo curmán de Leopoldo, [[Conrado de Montferrato]]. Pero Ricardo quitou a bandeira de Leopoldo. Ricardo tamén estivo baixo sospeita de estar involucrado no asasinato de Conrado pouco despois de ser elixido rei de Cisxordania en abril de [[1192]]. Na viaxe de retorno, Ricardo ía disfrazado e debeu parar en [[Viena]], onde foi recoñecido (supostamente polo seu anel) e foi arrestado no distrito de Erdberg (moderno Landstraße). Por algún tempo estivo prisioneiro en [[Dürnstein]], logo foi levado ante o emperador [[Henrique VI, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico|Henrique VI do Sacro Imperio Romano Xermánico]] e foi acusado da morte de Conrado. O gran rescate que se pagou, que se supón de arredor de 23 toneladas de prata, serviu para a fundación da [[Casa de moeda|casa de moeda]] en Viena e utilizouse para construír murallas novas da cidade, así como para edificar as cidades de Wiener Neustadt e Friedberg en Estiria. Porén, o duque foi excomulgado polo papa [[Celestino III, papa|Celestino III]] por facer prisioneiro a un compañeiro de cruzada.
 
En [[1194]] Leopoldo sufriu un accidente. Un [[cabalo]] esmagoulle un pé ó caer sobre el durante un torneo en [[Graz]]. Finalmente morreu de [[gangrena]], aínda baixo pena de excomuñón, sendo enterrado na abadía de Heiligenkreuz.