Diferenzas entre revisións de «Revolución Rusa de 1917»

m
(sós)
m (→‎Os días de abril: arranxiño)
Ao mesmo tempo, pouco despois do seu regreso en tren a Rusia, Lenin publicou as súas ''[[Teses de abril]]''. Continuando cos argumentos expostos en ''[[O imperialismo, fase superior do capitalismo|O imperialismo, estado supremo do capitalismo]]'', afirmou que o capitalismo entrara en «fase de putrefacción» e que a burguesía xa non era capaz, nos países recentemente industrializados, de asumir o papel revolucionario que xa desempeñara no pasado. Para el, soamente poderíase deter a guerra e asegurar as conquistas da Revolución de Febreiro dando todo o poder aos soviets. Lenin negábase a prestar calquera tipo de apoio ao Goberno provisional e demandou a confiscación das terras e o seu posterior redistribución entre os campesiños, o control obreiro sobre as fábricas e a transición inmediata a unha república de soviets.
 
Estas ideas eran moi minoritarias no propio seo dos [[bolxevique]]s, que se mantiñan nunha liña común de apoio ao Goberno, chegando o xornal [[Pravda]], dirixido por [[IósifIosif Stalin|Stalin]] e [[Viacheslav Molotov|Molotov]], a falar publicamente da reanudación do traballo e a volta á normalidade. Pero co colapso económico e a guerra en curso, as ideas do partido bolxevique, dirixido por Lenin e por [[Lev Trotski|Trotski]] a partir de verán, foron gañando influencia. A principios de xuño, os bolxeviques xa eran maioría no [[Soviet de Petrogrado]] de deputados de obreiros e soldados.
 
=== As Xornadas de Xullo ===
104.587

edicións