Miguel I de Romanía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 59:
Aínda que ao comezo os éxitos acompañaron aos exércitos romaneses que ocuparon [[Odessa]] e se anexionaron [[Transnistria]]. En [[1942]] os alemáns empezaron a ser derrotados na fronte do leste e a opinión pública romanesa e o propio ''Miguel I'' empezaron a ver a conveniencia de deixar o [[Potencias do Eixo na Segunda Guerra Mundial|Eixo]] ante a derrota final deste.
 
Seguindo indicacións de ''Miguel I'', o ministro de Asuntos Exteriores Mihail Antonescu iniciou contactos co [[Reino Unido]] e os [[Estados Unidos]] para asinar un armisticio cos [[Aliados da Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial|Aliadosaliados]]. Ante a caída da fronte do Leste e a ofensiva soviética, o {{data|23|8|1944}} Miguel I ordenou [[Golpe de Estado en Romanía de 1944|deter ao Goberno Antonescu]] e formou un goberno de concertación que pediu oficialmente o armisticio aos aliados ese mesmo día.<ref name=ref_duplicada_1>Batowski, Henryk: "Diplomatic Events in East-Central Europe in 1944", ''East European Quarterly'', 5:3 (1971)</ref> Ao día seguinte, [[Romanía]] retirouse do [[Pacto Tripartito]].
 
Despois do bombardeo alemán de [[Bucarest]], o goberno romanés declarou a guerra ao [[Potencias do Eixe|Eixo]] o 25 de agosto.<ref name=ref_duplicada_1 /> O {{Data|12|9|1944}} asinou o armisticio de [[Moscova]] polo que [[Romanía]] renunciaba a [[Basarabia]] e o norte de [[Bucovina]] (que os recuperou a URSS), o sur de Dobrudja (cedida a Bulgaria), pero recuperaba o norte de [[Transilvania]], ocupada por [[Hungría]] tralo [[Segundo arbitraxe de Viena]].<ref name=ref_duplicada_1 /> Tamén se aceptou pagar en concepto de reparación de danos de guerra aos [[Aliados da segunda guerra mundial|aliados]] a cantidade de 300 millóns de dólares.