Diferenzas entre revisións de «Partido Republicano Democrático Federal»

(engado modelo:Partido político)
 
==Reorganización do partido==
Coa [[Restauración borbónica en España|Restauración borbónica]] de [[1874]] o partido quedou desorganizado e falto de liderado. Ata o ano [[1880]] non empeza a reorganizarse, grazas ao ascenso ao poder de [[Práxedes Mateo Sagasta]]. Pero unha gran parte dos líderes coñecidos (Tomàs i Salvany, Pascual i Cases, Rubau Donadeu, Coromines, en Cataluña; [[Joaquim Fiol]] nas [[Illas Baleares]]) aliñáronse con [[Emilio Castelar]] e fracasaron os intentos de achegamento entre Figueras e Pi i Margall, á vez que [[Valentí Almirall i Llozer|Valentí Almirall]] deixaba o partido en [[1881]]. Aínda así, contaba con [[Josep Maria Vallès i Ribot]], cabeza federal en Cataluña, o mallorquino [[Antoni Villalonga]] e outros. Na Asemblea de [[Zaragoza]] de xuño de [[1883]] aprobouse un proxecto de constitución federal e recolleu basicamente as liñas elaboradas polo congreso rexional do partido en Cataluña, celebrado os meses de abril e maio do mesmo ano, que aprobou o proxecto de constitución do Estado Catalán dentro a Federación Española asinado por Sunyer i Capdevila, [[Josep Maria Vallès i Ribot]], [[Baldomer Lostau i Prats|Lostau]] e Tutau.
 
No ano [[1894]] fixouse o seu ideario de xeito claro e concreto coa redacción do ''Programa do Partido Federal'', pero o seu crecemento foi moi escaso. Pi i Margall foi deputado a partir de [[1886]], así como Vallès i Ribot, pero agudizouse o case exclusivo apoio de Cataluña. Ademais, a súa operatividade estaba minguada por unha continuada resistencia aos intentos reunificadores do republicanismo e o mantemento dunha ríxida ortodoxia doutrinal. A finais do [[século XIX]] era unha forza desorganizada, pese ao prestixio de Pi i Margall e o partido en Cataluña coa campaña de oposición á [[Guerra dos Dez Anos|guerra de Cuba]].
 
Mentres en Cataluña o partido topaba cos seguidores de [[Valentí Almirall i Llozer|Valentí Almirall]] e do [[CentroCentre Nacionalista RepublicanoRepublicà]], ao mesmo tempo que á vez Vallès i Ribot empezou a diferenciarse moito da dirección de Pi i Margall co intento de aproximación ao [[catalanismo]] de [[1899]] e, sobre todo, coa firma no ano [[1901]] do ''Manifest d'Uniu Republicana Catalá'' (Manifesto de Unión Republicana Catalá). No [[Comunidade Valenciana|País Valenciano]] topaba co [[blasquismo]] e nas [[Illas Baleares]] o ''[[Partit d'Uniu Republicana de Mallorca]]'' o illou totalmente.
 
==Desaparición do partido==
As relacións coa dirección central do partido en Madrid empeoraron á morte de Pi i Margall, e o seu sucesor [[Eduardo Benot]], non puido evitar a rotura do partido en maio de [[1905]]. O republicanismo federal continuou sendo forte en Cataluña, pero incapaz de crear unha estrutura de partido por enriba da acción dispersa dos membros políticos locais. Só unha pequena parte situouse á beira de [[Alejandro Lerroux]], quen nunca se mostrou partidario do federalismo, e a maioría uniuse ás diferentes formacións do republicanismo catalanista ([[Unión Republicana (España)|Unión Republicana]], [[Centre Nacionalista Republicà]], [[Unión Federal Nacionalista Republicana]]). O pouco que quedaba do partido, logo de formar parte da [[Solidaritat Catalana|Solidariedade Catalá]], uniuse no ano [[1909]] a [[Esquerra CataláCatalana]] e finalmente en 1910 incorporouse á Unión Federal Nacionalista Republicana.
 
== Notas ==
15.715

edicións