Jaime Cortesão: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Introduciendo ficha y quitando fotografía repetida
m →‎Traxectoria: arranxiño
Liña 8:
Fundou, con [[Leonardo Coimbra]] e outros intelectuais, en [[1907]] a revista ''[[Nova Silva]]''. En [[1910]], con [[Teixeira de Pascoaes]], colaborou na fundación da revista ''[[A Águia]]'' e en [[1912]] iniciou ''[[Renascença Portuguesa]]'', que publicaba o boletín ''[[A Vida Portuguesa]]''. En [[1919]] foi nomeado director da [[Biblioteca Nacional de Portugal]]. En [[1921]] abandonou a ''Renascença Portuguesa'' e foi un dos fundadores da revista ''[[Seara Nova]]''.
 
Participou nunha tentativa de derrube da ditadura militar portuguesa, presidindo a Junta Revolucionária establecida no Porto. Por ese motivo foi destituído do seu cargo na Biblioteca Nacional de Lisboa en [[1927]]. Exiliouse en [[Francia]], de onde saíu en [[1940]], cando foi invadida polas forzas da [[Alemaña Nazinazi]] no contexto da [[Segunda Guerra Mundial]]. Dirixiuse ó [[Brasil]] a través de Portugal, onde foi detido por un curto período de tempo<ref name="Travessa"/>.
 
Xa no Brasil, estableceuse no [[Rio de Janeiro (cidade)|Rio de Janeiro]], dedicándose ó ensino universitario. Especializouse na historia dos [[Descubrimentos portugueses]] (da que resultou a publicación dunha obra homónima) e na formación territorial do Brasil. En [[1952]] organizou a ''Exposição Histórica de São Paulo'', para conmemorar o 4.º centenario da fundación da cidade.